Rueda di que Galicia ten un dos mellores dispositivos de Europa contra o lume
A Xunta vai incrementar as partidas para a prevención e extinción de incendios no 2025 ata chegar aos 89,5 millóns de euros
O presidente da Xunta visitou este luns o Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Incendios de Santiago, dende onde se controla o 85% do territorio galego. Alfonso Rueda dixo que Galicia conta cun dos mellores dispositivos de Europa na loita contra o lume. A Xunta vai incrementar as partidas para a prevención e extinción de incendios no 2025 ata chegar aos 89,5 millóns de euros.
Alfonso Rueda asegurou que é necesario "seguir contando co mellor dispositivo de incendios de España e probablemente de Europa que está aquí en Galicia, que require dun investimento en cartos moi importante, pero sobre todo en formación. É xente de moitísima experiencia e moitisimo talento que se forma e que nos dá a tranquilidade de que cando hai un incendio estamos en mans dos mellores profesionais".