Cargando resultados...
Un condutor que circulaba en sentido contrario colide contra un VTC e provoca un incendio
Ocorreu na M-45, unha das autovías de circunvalación de Madrid, que houbo que cortar ao tráfico para extinguir o incendio e retirar os coches
G24.gal
13/12/2024 11:23
Un condutor que circulaba en sentido contrario provocou un espectacular accidente en Madrid. Bateu contra un coche de alugueiro con condutor, un VTC, e a continuación o seu coche comezou a arder, provocando unha fumareda intensa.
Foi na M-45, unha das autovías de circunvalación da capital, que houbo que cortar ao tráfico para extinguir o incendio e retirar os coches. Os dous condutores ingresaron no hospital con prognóstico reservado.