Medio cento de denuncias dos migrantes prexudicados por unha axencia de viaxes da Coruña
Unha axencia de viaxes deixa en terra ducias de migrantes con voos para o Nadal
Máis dun cento de afectados mercaron os seus voos nunha axencia de viaxes da Coruña e agora atópanse con que as súas pasaxes non existen
"Hai trinta días saquei un billete para regresar a Cuba o pasado 12 e o día anterior chamáronme para dicirme que o meu billete non aparecía por ningures", conta un dos afectados.
Coma el, hai máis dun cento de afectados que mercaron os seus voos nunha axencia de viaxes da Coruña e agora atópanse con que as súas pasaxes non existen.
Desesperados e impotentes contan que con moito esforzo lograron xuntar os cartos para poder ir este Nadal abrazas os seus e agora, moitos, van quedar en terra.
E aínda por riba ninguén lles achega unha solución.
"A empregada di que as aseguradoras vannos dar os cartos. Pero como se van facer cargo dunha cousa que non existe?".
Á media mañá, medio cento de prexudicados xa presentaran a correspondente denuncia perante a Policía Nacional.