Cargando resultados...
Unha candidata de Bildu está inhabilitada ata 2028
A Audiencia Nacional constata esta situación procesual, que denunciara a agrupación Dignidad y Justicia

G24.gal
26/05/2023 08:32
Última actualización 26/05/2023 09:27
A Audiencia Nacional constatou que unha das candidatas nas listas de EH Bildu está inhabilitada ata 2028. Trátase de Sara Majarenas, a número dez pola localidade de Astigarraga. Abandonara a prisión en 2018, tras cumprir integramente a súa pena, pero fora condenada a dez anos máis de inhabilitación completa.
A Xunta Electoral anulou a súa candidatura, inda que a lista segue vixente sen ela.