Cargando resultados...
Unha Cultural con acento galego derrota con facilidade o Ourense C. F.
Luis Chacón e Manu Justo marcaron dous dos tres goles do líder da 1ª RFEF
G24.gal
12/10/2024 20:06
O líder -Cultural Leonesa- e o pechacancelas -Ourense Club de Fútbol- demostraron no Reino de León o momento polo que pasan os dous equipos. Vitoria da Cultural moi clara (3-0) e con acento galego.
Dous dos tres goles do primeiro clasificado na 1RFEF marcáronos o centrocampista Luís Chacón e o dianteiro Manu Justo. O outro anotouno Artola.
A Cultural non quixo sorpresas e amosouse moi superior a un equipo ourensán que terá que mellorar moito se non quere que o seu paso pola categoría sexa efémero.