Unha fuga de gas no Barnabeu provoca un monumental atasco polo peche ao tráfico da Castellana
O corte entre a praza de Lima e a de Castela prolongouse durante hora media e deixou centos de condutores atrapados no momento de maior afluencia de tráfico
O escape afectou tamén unha das liñas de metro madrileño
Unha fuga de gas no Bernabeu provocou esta mañá un monumental atasco no centro de Madrid, xa que obrigou a pechar ao tráfico, durante hora e media, o paseo da Castellana.
O escape afectou tamén a unha das liñas de metro madrileño. Unha fuga de gas provocada pola rotura dunha tubaxe no aparcadoiro do estadio Santiago Bernabeu, que está en obras, obrigou a pechar ao tráfico o paseo da Castellana, unha das principais arterias de Madrid.
“Era un escape de gas importante. Estaba unha construtora facendo unha pilotaxe para ampliar unhas zonas de aparcamento”.
O corte entre a praza de Lima e a de Castilla prolongouse durante hora media e deixou centos de condutores atrapados no momento de maior afluencia de tráfico. O monumental atasco condicionou durante boa parte da mañá a entrada a Madrid pola zona norte.
“Por precaución, pechouse a Castellana entre Novos Ministerios e praza de Castilla, aínda que xa está aberta. Pero tamén se pechara o paso de peóns entre a praza de Cuzco e a de Lima, pero tamén está aberta”.
O escape de gas afectou tamén á liña 10 do metro madrileño, que tivo que interromper o servizo entre as estacións de Cuzco e Novos Ministerios. Ás dez e media da mañá a zona da Castellana recuperaba a normalidade ao quedar restablecido tanto o tráfico de vehículos por superficie como o servizo de metro.