Unha liorta remata cun tiroteo nunha zona de copas de Lugo
Polo menos un dos participantes necesitou asistencia sanitaria
Unha bala chegou á fiestra dunha vivenda e outras impactaron en edificios e sinais
Un tiroteo provocou o pánico na rúa Mariña Española de Lugo. Varios veciños espertaron de madrugada ao escoitar os disparos. Non se atreven a dar a cara, pero aseguran que ducias de persoas corrían mentres un home disparaba ao aire.
Unha das balas mesmo chegou impactar na fiestra dunha vivenda. O autor dos disparos participara previamente nunha pelexa as portas dun bar de copas, onde ao parecer varias persoas sufriron feridas.
A policía nacional de Lugo levou do lugar dos feitos roupa con sangue. Os veciños din que teñen moito medo porque os incidentes son frecuentes. Por iso reclaman medidas para garantir a seguridade na zona.