Cargando resultados...
Unha ovella pare cinco años na parroquia de Tabeirós, na Estrada
Sobreviviron ao parto catro años, tres machos e unha femia
G24.gal
01/04/2024 14:47
Sorpresa na parroquia de Tabeirós, no concello da Estrada, logo de que a ovella de Armindo Fernandes parira cinco años. Non estaba con ela no momento do parto e, cando chegou, un deles morrera.
O resto viven estes primeiros días á caloriña da nai, de Armindo e de todos os veciños, que non queren perder a oportunidade de coñecelos.
Cando mellore o tempo sairán fóra e xuntaranse co resto. Armindo, que tocou nun trío musical, di que, se cadra, aínda pode que lles bote unha peza.