Cargando resultados...
Unha persoa falece no Pino tras caer dunha escada
Foi un veciño quen avisou a emerxencias ao ver unha persoa ferida

G24.gal
28/01/2022 17:17
O 112 recibiu unha chamada sobre as catro da tarde deste venres dun veciño que alertaba dunha persoa ferida no concello do Pino. As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer dunha escaleira no seu domicilio particular.
Ata o lugar achegouse persoal sanitario, pero só puideron certificar o seu falecemento.