Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home de 51 anos tras ser atropelado por un tren en Cenlle

Falece un home de 51 anos tras ser atropelado por un tren en Cenlle

Os efectivos de Emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida 

Estación de Barbantes, en Cenlle.
G24.gal 28/09/2026 20:25 Última actualización 29/09/2026 13:22

O accidente ocorreu contra as 19:20 horas da tarde deste luns, na parroquia de Laias, con acceso polo quilómetro 584 da N-120.

Foi o persoal do ADIF quen informou ao 112 Galicia do atropelo dun home e que este podía ter falecido.

Ata o lugar trasladáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ribadavia e da Garda Civil.

Cando chegaron ao punto do accidente só puideron confirmar o seu falecemento.

Neste punto non hai ningún paso autorizado, ainda que veciños da zona aseguran que hai persoas que si o fan para ir ás suas leiras, e sobre todo un veciño que ten a sua casa ao carón da vía. A falta de confirmación oficial da identidade da vítima, sospeitaban que podía tratarse dese home que volvía da taberna.

As sospeitas confirmáronse cando as autoridades identificaron á vítima. Trátase dun veciño de Cenlle de 51 anos que residía na zona da estación de Barbantes. O tráfico ferroviario estivo cortado ata as 11 da noite en que o tren de mercadorías reanudou a marcha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade