Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre unha muller de 80 anos atropelada nun paso de peóns na Caniza por un condutor bébedo

Morre unha muller de 80 anos atropelada nun paso de peóns na Caniza por un condutor bébedo

Foi evacuada no helicóptero do 061 pero morreu no hospital

A muller foi atropelada nun paso de peóns A muller foi atropelada nun paso de peóns
G24.gal 28/09/2026 20:39 Última actualización 29/09/2026 10:50

Unha muller de 80 anos de idade que fora evacuada en helicóptero logo de sufrir un atropelo na Caniza perdeu finalmente a vida. Ao parecer o condutor deu positivo na proba de alcohol.

O accidente produciuse cara ás 16:20 horas e, segundo a información recollida pola central de emerxencias, a vítima foi atropelada na rúa do Progreso, nunha zona que conta cun paso sinalizado para peóns.

O 112 informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Unha vez chegou o persoal sanitario ata a zona, a persoa ferida foi evacuada a bordo do helicóptero ata o hospital de referencia, onde finalmente faleceu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade