Cargando resultados...
Unha persoa queda ferida nunha agresión con arma branca en Sada
Na agresión están implicadas tres persoas

G24.gal
23/02/2024 17:30
Última actualización 23/02/2024 18:38
Un veciño da localidade de coruñesa de Sada resultou ferido ao ser agredido cunha arma branca durante unha liorta, segundo informaron fontes municipais e da Garda Civil. O incidente tivo lugar na noite do xoves, onde se viron implicadas outras tres persoas na agresión.
Por estes feitos, de cuxa investigación se encarga a Policía Xudicial e polo que por agora non hai detidos, foi evacuada unha persoa ao complexo hospitalario universitario da Coruña.
O goberno local agradeceu o labor da Policía Local e da Garda Civil pola "rápida intervención" nun suceso que se pechou cunha persoa ferida. Tamén destacaron a coordinación por parte dos efectivos policiais.