Unha singular campaña homenaxea as mulleres de Xinzo
Inspírase nunha icónica da revista Time
Participan 6 mulleres de Xinzo, representativas da loita pola igualdade
Esmeralda é a directora do Conservatorio de Xinzo. Leva tocando o saxo desde cativa, como a súa alumna Xiana. Pero daquela eran outros tempos.
Esmeralda Marra López, directora do Conservatorio: "Cando empecei na banda de música, os adultos eran todos homes. Empezamos catro compañeiras e máis eu".
Aínda máis difícil foi para Esperanza, da xeración anterior. Unha nai solteira, muller pioneira no negocio das autoescolas. Un cóctel difícil de asimilar para moitos dos seus coetáneos, e aínda hoxe.
Esperanza Pérez Alonso, profesora de autoescola e empresaria "A frase de 'muller tiña que ser' aínda ma dixeron hai tres ou catro anos na praza do Couto".
Fátima, auxiliar de enfermaría libra dúas batallas, a da igualdade e a da integración. Por iso se sumou á campaña.
Fátima Ben Aicha, auxiliar de Enfermaría: "Eu nacín en Marrocos e vin con catro meses a España. O que quero é ter igualdade, as mulleres igual que os homes".
Todas elas, e outras máis, son os rostros da campaña "As donas de Xinzo", que emula estoutra portada, a que a revista Time lle dedicou ao movemento #MeToo.
Elvira Lama, Alcaldesa de Xinzo: "O concepto da campaña é visibilizar a pluralidade de mulleres que hai neste concello: mulleres diversas, diferentes, todas donas das súas vidas e do seu destino".
É unha campaña que se pode seguir nas redes sociais, onde afondan nas súas inspiradoras historias.