Cargando resultados...
Valencia-Barcelona e Leganés-Real Madrid, en cuartos de final da Copa
As outras eliminatorias son Atlético de Madrid-Xetafe e Real Sociedade-Osasuna

G24.gal
20/01/2025 13:32
Última actualización 20/01/2025 16:18
Valencia-Barcelona e Leganés-Real Madrid son os partidos máis destacados dos cuartos de final da Copa do Rei, cuxo sorteo tivo lugar esta tarde na Cidade do Fútbol das Rozas.
As eliminatorias disputaranse a partido único entre o 4 e o 6 de febreiro.
Emparellamentos:
Valencia-Barcelona
Leganés-Real Madrid
Atlético de Madrid-Xetafe
Real Sociedade-Osasuna