Cargando resultados...
Veciños do barrio da Milagrosa temen que a reapertura dun pub volva xerar problemas
Solicitan máis vixilancia, a creación dunha unidade de prevención policial e a instalación de cámaras
Cren que a situación pode agravarse ao coincidir varios establementos semellantes na zona
G24.gal
18/08/2024 20:12
Última actualización 18/08/2024 20:31
Tres meses despois de que rematara o ano de peche cautelar dun establecemento nocturno en Lugo, os veciños da contorna temen que se volvan dar os problemas que levaron a denuncialo en varias ocasións.
De forma cotiá a policía tiña que expedientar o local, pero agora cando xa poden abrir, a situación podería ser máis complicada.
Ante esta situación, reclaman máis vixilancia, a creación dunha unidade de prevención da Policía e a colocación de cámaras para evitar que de novo os problemas de convivencia alteren a vida no barrio.