Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños e comerciantes protestan pola inseguridade viaria en Ribeira

Veciños e comerciantes protestan pola inseguridade viaria en Ribeira

Varios accidentes converten unha estrada da vila coruñesa nun punto negro de tráfico

G24.gal 03/12/2024 14:23 Última actualización 03/12/2024 14:44

Veciños de Ribeira denuncian a inseguridade viaria que sofren na avenida de Ferrol á entrada da vila. Un accidente este luns e outro, mortal, no mes de outubro, son as últimas desgrazas ocorridas neste punto negro para o tráfico.

O tramo comprendido entre a rotonda de Padín e as curvas da Nogueira, na entrada de Ribeira, foi no seu día responsabilidade da Deputación Provincial, aínda que agora é municipal. Ao ser urbano, son moitos na vila os que pensan que a velocidade debería estar limitada a 30 quilómetros por hora e non a 50 como esta agora mesmo. Ademais, entenden que a sinalización e mínima.

As bandas rugosas incomodan os veciños polo ruído. A prioridade para algúns debería ser evitar accidentes como o que tiña lugar onte no mesmo punto onde falecera outra persoa en outubro noutro accidente, nese caso mortal.

A situación para veciños e comerciantes da zona é o suficientemente grave como para tomar medidas que melloren a seguridade viaria na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade