Cargando resultados...
Vigo convértese estes días na capital mundial da industria atuneira
Trescentos directivos de empresas chegados dos cinco continentes abordan os desafíos que afrontan as conserveiras
G24.gal
14/09/2023 20:10
Última actualización 14/09/2023 20:22
Ser competitivos nun mercado que afronta unha revolución tecnolóxica. É un dos retos da industria atuneira. Nas conserveiras a experiencia compleméntase coa última tecnoloxía.
A ciberseguridade representa un importante desafío para o sector. Os ataques medran de xeito exponencial. Encaran tamén as dificultades de acceso e o encarecemento de materias primas.
Preto do 90 % da produción de conservas de atún debate estes días en Vigo a evolución dos mercados e a xestión sostible dos recursos na Conferencia Mundial do Atún organizada por Anfaco Cecopesca.