Cargando resultados...
Viticultores da Ribeira Sacra mobilízanse para esixir garantías na venda da uva
Unhas 200 persoas concentráronse en Monforte, ante a sede do consello regulador, para alertar dos problemas derivados polo excedente de viño que acumulan as adegas
G24.gal
06/09/2024 14:40
As organizacións agrarias manteñen a protesta na Ribeira Sacra para esixir garantías na vendima. Unhas 200 persoas concentráronse en Monforte, ante a sede do consello regulador, para alertar dos problemas derivados polo excedente de viño que acumulan as adegas.
Valoran que a Consellería do Medio Rural adoptase medidas, como as axudas para a conservación das parcelas, pero consideran que son insuficientes. Os sindicatos din que os viticultores precisan un orzamento de crise ante o temor a perder a colleita.