Cargando resultados...
Xa se poden adquirir billetes para as Cíes ata inicios de agosto
Véndense con 90 días de adianto
G24.gal
06/05/2022 13:38
Última actualización 06/05/2022 14:53
A imaxe de hoxe nos peiraos de Vigo é case de verán. O bo tempo anima as viaxes a Cíes e o barcos van case cheos. Un congreso de enxeñeiros, algún cruceirista e outros turistas de primavera visitaron este venres o arquipélago vigués. Xa hai viaxes diarias e ata o 15 son as propias navieiras as que tramitan o permiso na web do parque.
Os billetes pódense adquirir con 90 días de adianto e en moitos casos é necesario porque os días clave do verán adoitan esgotarse.