Cargando resultados...
Xinzo vota vestido de Entroido no Domingo de Piñata
Tanto os votantes como algún presidente de mesa acudiron disfrazados
G24.gal
18/02/2024 15:02
Neste domingo de Piñata os entroideiros de Xinzo só baixan a máscara para cumprir o seu cargo nas mesas electorais ou exercer o seu dereito a voto a cara descuberta, pero o disfrace e a sorna non se saca ata esta noite.
O Entroido na provincia de Ourense durou máis ca a propia campaña electoral. Desde o Domingo Fareleiro ata hoxe, as axendas políticas combináronse coas das comadres, compadres, cigarróns, peliqueiros e pantallas.
Este domingo os personaxes do real mesturábanse cos últimos de Don Carnal, sabendo que Mércores de Cinza xa comezou a Coresma que require da seriedade no voto.