Cargando resultados...
A calor desta xornada deixará paso a varios días de chuvia
Este mércores chega a chuvia con treboadas e comezarán a descender as temperaturas
G24.gal
02/05/2023 14:21
Xornada calorosa a deste martes que anima a gozar das raiolas e mesmo baixar á praia.
Toda Galicia marca valores elevados para a media habitual, nestes primeiros días de maio. E con este sol e calor custa crer que o día que teremos este mércores será a outra cara da moeda. Chegan as chuvias con treboadas esparexidas por toda Galicia.
E con elas as xornadas serán máis frescas. Baixan as temperaturas, pero non tanto como para ter que vestir roupa de moito abrigo.
