Xornada de máxima actividade nos aeropostos galegos
Na terminal de Santiago están previstos este domingo preto de 120 voos
En toda España están programadas unhas 5.444 operacións aéreas
Idas e regresos das vacacións de Semana Santa nos aeroportos galegos. No Rosalía de Castro, en Santiago, estaban programados para este domingo de operación retorno preto de 120 voos entre saídas e chegadas.
Varios viaxeiros relatáronnos as súa experiencias e impresións:
"Aproveitamos que tiñamos uns días libres, unhas vacacións de Semana Santa e fomos a Berlín. Todo moi ben, unha cidade moi bonita e agora toca volver, o luns temos por sorte descanso e regresamos ao traballo o martes".
"Temos que volver xa mañá á normalidade, pero non pasa nada".
"Outra vez ao traballo e á rutina, non apetece pero ten que ser para poder seguir viaxando".
Coma Alba, María José e Brenda, milleiros de persoas regresan ás súas casas nesta operación retorno tras gozar das vacacións.
En toda España, este domingo estaban programadas nos aeroportos unhas 5.444 operacións. En toda a Semana Santa foron preto de 57.400 os movementos aéreos planificados, entre voos nacionais e internacionais.
Pero non para todos é xornada de operación retorno.
"No meu caso é completamente ao contrario, imos de vacacións agora, a gozar desta semana ata o sábado vindeiro e despois si xa volta ao traballo", comentaba un viaxeiro.