Xornada infernal para os irmáns Vallejo no Dakar
O coche de Diego Vallejo viuse na obriga de abandonar despois dun aparatoso accidente
Sergio Vallejo chegou no límite, tras sufrir todo tipo de problemas

Xa dicían que ía ser un Rally Dakar durísimo. De momento para os participantes galegos comezou do peor xeito. Ao abandono de Edu Iglesias na prólogo hai que engadir o de Diego Vallejo na primeira etapa en liña. O seu coche tivo un accidente moi aparatoso con varias voltas de campá no que o compañeiro de Diego, Óscar Fuertes, tivo que ser evacuado en helicóptero. As lesións de Diego son de menor importancia pero víronse na obriga de deixar o Dakar ás primeiras de cambio. A organización analizará a situación para ver si poden continuar nas próximas xornadas pero xa fóra de competición.
Impactante accidente de Oscar Fuertes en la etapa 1 del #Dakar2023
— Somos Dakar (@SomosDakar) January 1, 2023
El piloto español del Astara Team, junto a su navegante Diego Vallejos Folgueira, debieron abandonar la primera etapa del #RallyDakar2023 luego de sufrir un duro accidente en la especial del día. pic.twitter.com/Qa1cR54foj
Tampouco foi moito mellor o día para o seu irmán Sergio Vallejo. Parou para atender o coche de Diego e logo picou ata en tres ocasións as súas rodas. No primeiro contacto coas dunas sufriu moitísimo para chegar á meta pero conseguiuno no límite do regulamento, xa coa noite enriba. "A piques estivemos de ter que durmir dentro do coche no deserto", comentaba Sergio nas redes sociais.