Xosé Ramón Gayoso, galardoado nos Premios da Cultura Galega 2022
Tamén se distinguiron en diferentes categorías a Melania Cruz, Marica Campo, Manuel González, Xacarandaina ou o programa ConCiencia

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2022 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición, acollida na Cidade da Cultura de Galicia. O acto estivo presidido polo conselleiro de Cultura Román Rodríguez.
A listaxe con todos os distinguidos e distinguidas co galardón:
-
Letras: Marica Campo
-
Artes Visuais: María Victoria Carballo-Calero
-
Artes Escénicas: Melania Cruz
-
Música: Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela
-
Audiovisual: Xosé Ramón Gayoso
-
Lingua: Manuel González
-
Patrimonio Cultural: Xacarandaina
-
Proxección Exterior: Programa ConCiencia

Con estes galardóns, a Xunta de Galicia busca dar recoñecemento á "excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural" do país. Tamén pon valora "o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia".
O xurado
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Zaza Ceballos, produtora audiovisual e galardoada nos Premios da Cultura Galega 2021; Elena Pardo, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, e Xosé Eduardo López-Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo.