Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e Unións Agrarias defenden a necesidade de reducir o diferencial do prezo do leite galego

Xunta e Unións Agrarias defenden a necesidade de reducir o diferencial do prezo do leite galego

O 90 % terán que estar listos a un de abril

Unións Agrarias quere rematar co que consideran un diferencial inxustificado antes de que comecen esas negociacións

G24.gal 28/01/2025 14:21

Achégase a negociación para renovar os contratos do leite en Galicia. O 90 % terán que estar listos a un de abril. Unións Agrarias quere rematar co que consideran un diferencial inxustificado antes de que comecen esas negociacións.

Ese diferencial en 2024 fixo que os produtores galegos cobraran unha media de catro céntimos menos por litro, que os do resto de España.

Unha realidade que Unións Agrarias expón na campaña Prezo Xusto Xa, e piden axuda ao Goberno galego. Hoxe reuníronse coa conselleira do Medio Rural.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, explicou que intentarán "buscar ferramentas para que o goberno galego nos axude, tanto de información e de evolución de custos, como de facilitar e axudar a que nesa negociación de prezos haxa unha recuperación e os gandeiros poidan negociar en pé de igualdade coa industria,  e non como ata agora asinar contratos de adhesión".

A Xunta comparte o diagnóstico e garante que traballará na busca de solucións. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez defendeu que "os produtores galegos teñen que percibir o mesmo que o resto dos produtores nacionais por ese produto de excelente calidade que se produce en Galicia. Galicia é a rexión que produce case a metade do leite español. Dialogaremos con todos os sectores. Cos produtores, coa industria, coa distribución".

E concienciar o consumidor. Unións Agrarias calculan que os gandeiros deixaron de ingresar 127 millóns de euros en 2024. E que esta situación abocou ao peche de 350 explotacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos