Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez reaparece por sorpresa en medio do debate sobre a reforma do Poder Xudicial

Sánchez reaparece por sorpresa en medio do debate sobre a reforma do Poder Xudicial

Yolanda Díaz avoga por reformar as maiorías para reformalo CXPX sen o PP

Os de Feijóo di que non consentiran un "asalto á independencia xudicial"

Os sindicatos, en contra de que os xuíces elixan aos xuíces para tomar decisións por que "o Poder Xudicial non é unha asociación "de petanca"

Yolanda Díaz di que chegou o momento de pasar das palabras aos feitos
G24.gal 01/05/2024 14:54 Última actualización 01/05/2024 20:06

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, irrompeu por sorpresa este mércores na Feira de Abril de Barcelona, en plena campaña das eleccións catalás do 12 de maio.

A visita, non figuraba na axenda do Goberno para este 1 de maio. Sánchez paseou polo recinto da Feira de Abril, no Parque do Fórum de Barcelona, mentres saudaba aos visitantes que se atoparon con el por sorpresa, moitos dos cales corearon o seu nome.

A súa reaparición oficial en campaña está prevista para este próximo xoves pola tarde, no mitin que protagonizará en Sant Boi de Llobregat (Barcelona) xunto ao primeiro secretario do PSC e candidato á presidencia da Generalitat, Salvador Illa.

De feito, Illa acompañou a Sánchez no seu paseo pola Feira de Abril, na que visitaron xuntos a caseta do PSC. 

Yolanda Díaz acusa ao PP de estar "extramuros" e aperta a Sánchez para reformar o Poder Xudicial

Este primeiro de maio tivo unha grande carga política, marcado polo período de reflexión de Sánchez e a súa decisión de continuar á fronte do Goberno. Ata nove ministros asistiron á manifestación de Madrid. Ás reivindicacións laborais sumaron a necesidade de defender a democracia e as súas institucións.

"Basta xa de deslixitimar as institucións cando a un non lle gusta o que resolven o Tribunal Constitucional, o Consello Xeral do Poder Xudicial", aseguraba a vicepresidenta primeira", María Jesús Montero.

Yolanda Díaz, ante a falta de acordo co PP,  pide renovar o Poder Xudicial cambiando as maiorías para elixir os vogais.

"Temos que lexislar. Intentemos esa maioría cualificada dos tres quintos durante un lapso temporal e se non se cumpre vaiamos á maioría absoluta", defendía a ministra e Traballo.

Os sindicatos CCOO e UXT tamén urxen a desbloquear a renovación do Poder xudicial,  co mandato caducado desde hai máis de cinco anos.

"O CXPX non é unha asociación de petanca e polo tanto a renovación do Poder xudicial non pode corresponder en exclusiva aos xuíces", aseguraba Unai Sordo. 

"Cando as decisións que se tomen nos afecten a todos a elección a ten que facer a soberanía popular que reside nas Cortes", apuntaba Pepe Álvarez.

Desde o PP din que non van tolerar  intentos de controlar o Poder Xudicial.

"Aí imos seguir, defendendo a necesidade da renovación pero con garantías de independencia. Se alguén nestes momentos con esa ameaza de querer controlar ao Poder Xudicial vai nesa liña, vainos ter en fronte".

Sosteñen que a renovación ten que facerse baixo o paraugas das institucións europeas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade