Yolanda Díaz reúnense en Bos Aires co presidente arxentino para analizar retos comúns
Este luns tiña previsto participar nun acto de apoio a Cristina Fernández, pero tivo que ser cancelado polo positivo en covid da expresidenta arxentina

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, está de visita na Arxentina. Díaz reuniuse co presidente Alberto Fernández para analizar os restos comúns. Entre eles, o cambio climático e a xeración de emprego.
"Foi un pracer volver atoparme coa vicepresidenta de España. Conversamos sobre os desafíos comúns entre Latinoamérica e Europa: enfrontar o cambio climático, xerar máis emprego e construír un verdadeiro multilateralismo democrático", escribiu o mandatario peronista na súa conta en Twitter.
No mesmo sentido e a través da mesma rede social, a tamén ministra de Traballo de España agradeceu a Fernández polo seu recibimento en Bos Aires "para abordar os desafíos comúns de Europa e América Latina". "Temos a tarefa de construír un multilateralismo democrático que poña o mundo do traballo e a loita contra a crise climática no centro", sinalou Díaz.
Este luns tamén ía participar nun acto de apoio á vicepresidenta Cristina Fernández tras a súa condena, pero finalmente tivo que aprazarse porque a expresidenta deu positivo en covid e está illada.
Cristina Fernández foi condenada a 6 anos de prisión por corrupción durante o seu goberno e o do seu marido, xa falecido.