Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zelenski agradece a Sánchez e a Costa o apoio para a candidatura conxunta ao Mundial de fútbol 2030

Zelenski agradece a Sánchez e a Costa o apoio para a candidatura conxunta ao Mundial de fútbol 2030

O presidente ucraíno cre que "as posibilidades do seu éxito son bastante altas"

G24.gal 06/10/2022 00:05

O presidente ucraíno Volodimir Zelenski agradeceu esta noite ao presidente do Goberno de España Pedro Sánchez e ao primeiro ministro de Portugal Antònio Costa o apoio de ambos os países por acolleren a Ucraína nunha candidatura conxunta para organizar a Copa Mundial de Fútbol en 2030.

"A candidatura conxunta de España, Portugal e Ucraína para albergar a Copa Mundial da FIFA 2030 é máis que un símbolo de fe na nosa vitoria conxunta. Ucraína resistirá, prevalecerá e será reconstruída grazas á solidariedade dos seus socios", publicou esta noite Zelenski nunha mensaxe no seu perfil oficial de Twitter. 

O mandatario concluíu a súa mensaxe nas redes expresando así a súa gratitude: "Agradecido polo apoio a España e Portugal, Pedro Sánchez e Antònio Costa".

Ademais, no seu habitual discurso nocturno, Zelenski subliñou as posibilidades de éxito "bastante altas" da candidatura de Ucraína, España e Portugal para organizar a Copa de Fútbol en 2030, que considera moi simbólica.

"Xunto cos nosos amigos España e Portugal presentamos unha candidatura para albergar a Copa Mundial da FIFA 2030. Esta é a nosa oferta conxunta. As posibilidades de éxito son bastante altas", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade