Contido coa etiqueta .
A-52

O Supremo condena a Baltar a unha multa de 1.800 euros por conducir a máis de 200 por hora
27/01/2025 12:19
Ademais, o alto tribunal retíralle o carné durante un ano por un delito contra a seguridade viaria
Os feitos aconteceron na autovía A-52 o 23 de abril de 2023

Usuarios da A-52 reclaman melloras para evitar os sinistros que se producen a diario na vía
20/01/2025 13:52
Din os transportistas que ten fochancas e o firme está moi deteriorado co perigo que isto supón na condución de xeito especila en días de chuvia
.png)
Retencións quilométricas na A-52 en Allariz por dous accidentes
03/11/2024 20:20
Tráfico recomenda tomar a saída 202 en Sandiás e continuar a marcha pola N-525

O aumento do tráfico na Cañiza polo peche do túnel molesta os peóns pero favorece a hostalería
23/10/2024 20:56
Reabriu na tarde deste mércores o túnel en sentido Ourense, e a medianoite pecha en sentido Vigo
A previsión é que o domingo a circulación recupere a total normalidade neste treito da autovía

Envorca un camión na A-52 en Ourense e o condutor dá positivo en alcol e drogas
23/10/2024 18:39
Foi ao seu paso por Toén, nun carril de acceso á autovía, que quedou cortado

Complicacións na autovía A-52 polo peche do túnel da Cañiza
21/10/2024 14:24
O desvío supón un rodeo duns doce quilómetros por estradas nacionais
Dende o luns ata o mércores está cortado en sentido Ourense e dende o mércores, en sentido Vigo

As obras de mellora do túnel do Folgoso na Cañiza afectan ao tráfico na autovía Vigo-Ourense
20/10/2024 09:57
Os cortes de tráfico no túnel máis longo de Galicia produciranse entre o 21 e o 26 de outubro, polo que se habilitarán desvíos nos dous sentidos pola N-120 e a N-559
Os condutores circularán polo alto de Fontefría, cun rodeo pola estrada nacional, como xa sucedeu durante o longo peche da infraestrutura en 2021

Morre un camioneiro atropelado na autovía das Rías Baixas á altura de Toén
21/09/2024 10:53
O transportista baixara do seu camión tras rebentarlle unha roda e foi alcanzado por un turismo

Reaberta ao tráfico a A-52 en sentido Ourense logo do incendio no túnel de Folgoso
02/09/2024 08:11
O suceso provocou importantes retencións e obrigou a desviar o tráfico pola N-120
Un vehículo en lapas colapsa un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense

Un vehículo en lapas colapsa un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense
01/09/2024 21:39
Está cortado desde as 21:00 horas o sentido da circulación a Madrid e desvíase o tráfico pola N-120
Hai retencións quilométricas en plena operación retorno

Ferido grave tras ser atropelado cando facía deporte na A-52 en Ribadavia
18/08/2024 12:20
Ía correndo pola beiravía da calzada, en sentido contrario á marcha dos vehículos
O peón foi trasladado ao hospital de Ourense (CHUO) en estado grave pero sen risco vital

Os condutores que circulan polas autovías A-6 e A-52 quéixanse das condicións do asfalto
21/07/2024 10:14
O Goberno está a investir este verán en Galicia 23 millóns de euros na reparación de 534 quilómetros de estradas

O Estado contrata por máis de 12 millóns a conservación da A-52 na provincia de Ourense
25/04/2024 12:46
O contrato abarca máis de 90 quilómetros da Autovía das Rías Baixas e as súas conexións coa cidade de Ourense e coa A-53

Fochas na A-52 dificultan a condución entre Ourense e Benavente
03/04/2024 14:28
O servizo de conservación da autovía agardar a que pase a choiva para realizar melloras parciais do firme

Os usuarios da autovía A-52 denuncian o mal estado da calzada
19/03/2024 14:29
O tramo desde O Porriño á Cañiza rexistrou máis dunha vintena de accidentes nos últimos meses
Os usuarios reclaman a reparación do firme e das fochancas

Obrigan o Estado a indemnizar dous motoristas por un accidente nunhas fochancas da A-52
19/02/2024 14:10
O Ministerio de Transportes terá que pagar 26.000 euros ás vítimas pola mala conservación da vía
Os usuarios da Autovía das Rías Baixas levan tempo denunciando a deterioración do firme

Interceptada unha condutora ebria en sentido contrario na A-52
19/02/2024 13:41
Quintuplicaba a taxa máxima permitida de alcol
Circulou 14 quilómetros en sentido contrario á altura de Riós

Interceptan un octoxenario que circulou cinco quilómetros en sentido contrario pola A-52
12/01/2024 11:29
O condutor, que deu negativo nas probas de alcoholemia, presentaba signos de desorientación cando os axentes lle deron o alto

Usuarios da A-52 denuncian o mal estado desta autovía que une Galicia coa meseta
10/01/2024 14:13
Por esta vía circulan unha media de 10.000 vehículos ao día, en que os condutores atopan fochancas e varios tramos cortados

Baltar nega ante o Supremo que conducise a máis de 200 por hora pola A-52
19/12/2023 13:36
Confirmouno o seu avogado, quen apuntou que non houbo unha acción delituosa

Retencións na A-52 por mor das obras no viaduto da Valenzá
22/10/2023 18:01
O de Allariz xa está aberto por completo ao tráfico tras remataren as obras de mellora

Queixas pola lentitude das obras de drenaxe na A-52 na zona que rexistrou un accidente mortal
04/10/2023 13:51
Unha soa máquina leva dous meses traballando no treito de 3 quilómetros entre Ponteareas e o túnel da Cañiza

Restablecido o tráfico no túnel de Folgoso, na A-52, tras o incendio dun vehículo
11/09/2023 20:14
Un vehículo que ardeu obrigou a pechar o túnel
O incidente provocou retencións quilométricas

27/08/2023 22:38
As retencións quilométricas entre A Mezquita e Lubián, con condutores atrapados durante máis de tres horas, desapareceron aos poucos
A autovía das Rías Baixas permaneceu cortada desde pouco antes das sete da mañá deste domingo polo incendio dun camión que transportaba chocolate

Retencións quilométricas na A-52 e na N-525 polo corte de tráfico tras o incendio dun camión
27/08/2023 19:09
O lume no vehículo articulado obrigou a cortar desde primeira hora do domingo o tráfico na autovía das Rías Baixas, a A-52, ao seu paso pola provincia de Zamora
O tráfico desvíase de xeito provisional pola N-5215 á altura do concello ourensán da Mezquita
O camión incendiado xa foi retirado contra as 21 horas pero o tráfico aínda non está aberto no lugar onde traballan na limpeza os operarios

Cortada a A-52 nos dous sentidos polo incendio dun camión no límite entre Ourense e Zamora
27/08/2023 10:02
O tráfico desviouse pola N-525 entre A Vilavella, en Ourense, e Lubián, en Zamora, entre os quilómetros 117.1 na Vilavella, en Ourense, ata o 107 en Lubián, en Zamora
Hai tamén conxestión ou retencións por circulación irregular n A-52 desde o quilómetro 126 na Gudiña, en Ourense, ao 117 na Vilavella, tamén en Ourense

As obras na A-52 preto da Cañiza provocan retencións puntuais
07/08/2023 14:27
Nótanse máis nestes meses de verán polo incremento do tráfico
Os traballos son para mellorar a drenaxe en varios quilómetros

O Goberno de España fará obras de mellora polas deficiencias graves na A-52
14/06/2023 14:21
A autovía A-52 é unha das peor valoradas do estado pola cantidade de sinistros que se producen nalgúns dos seus tramos
Entre novembro e xaneiro, é dicir, en dous meses, esta estrada deixou un balance de dez feridos e unha vítima mortal

Desvío provisional no enlace entre A-52 e A-55 en Tui
07/06/2023 14:05
Hoxe habilitouse un ramal no quilómetro 14 dirección Tui
As obras de mellora da ponte sobre o río Louro durarán catro meses

O ramal que une a A55 coa A52 sufrirá un corte de tráfico durante catro meses
05/06/2023 19:06
As obras consistirán na substitución e mellora do sistema de contención de vehículos da marxe dereita do ramal

Un home de 79 anos falece atropelado na A-52 á altura de Taboadela
14/05/2023 19:12
Segundo o subsector de Tráfico de Ourense, camiñaba pola autoestrada e tentou cruzar
Era veciño dunha aldea da zona e padecía alzhéimer

O envorco dun camión na A-52 en Barbadás obrigou a cortar un carril
13/04/2023 11:05
Un guindastre tivo que retirar o camión, que ía cheo de pitos vivos

O accidente grave dun camión obriga a cortar a autovía A-52 en Ourense
10/03/2023 19:51
Hai polo menos un ferido grave

Os usuarios da A-52 demandan melloras no firme desta vía
10/01/2023 13:40
Os que o fan a diario quéixanse do seu estado