Contido coa etiqueta .
Altri

14/01/2025 08:48
O Diario Oficial de Galicia publica este venres os concursos mineiros da Coruña e de Lugo
A Xunta agarda o pronunciamento ministerial sobre as axudas unha vez que estea lista a declaración de impacto ambiental para o proxeto de Altri en Palas de Rei

2024: o ano da quinta maioría absoluta do PP, da sentenza do Alvia e do xuízo de Samuel
31/12/2024 08:00
A violencia machista cobrou cinco vítimas, nun ano con decenas de paralizacións de parques eólicos e Altri no foco do debate político

Rueda "respecta" os que se mobilizan en contra de Altri, pero di que "os técnicos teñen a palabra"
18/12/2024 08:31
Pontón di que o proxecto de Altri pon en risco 8.000 empregos e pídelle ao presidente que "abandone a soberbia e rectifique": "A cidadanía deste país non lle vai perdoar que poña Altri por riba das súas vidas"
Armando Ojea, de DO, denuncia a "discriminación" que sofre a provincia nos orzamentos da Xunta de 2025 e Rueda di que gastarán 1.000 euros máis por habitante que no resto de Galicia

O caso de Altri, por María Bastida
17/12/2024 08:02

Ánxeles Vázquez, sobre Altri: "Aqueles que instan á manifestación deben deixar de manipular"
16/12/2024 09:45
A conselleira de Medio Ambiente asegura que a instalación da celulosa en Palas só se autorizará se cumpre con todas as garantías, e ata o de agora os informes están sendo favorables
Pontón advirte a Rueda que o PP “pagará moi cara” a defensa de Altri desde a Xunta
Besteiro reitera a súa "convicción" de que o proxecto non contará con axuda estatal

O primeiro, a seguridade xuridica, por Venancio Salcines
16/12/2024 08:28

Milleiros de persoas protestan na rúa contra o proxecto de Altri en Palas de Rei
15/12/2024 12:02
Critican o modelo industrial "contaminante" da Xunta porque consideran que "acabaría co corazón natural de Galicia"
Altri lamenta que parte da sociedade perciba o proxecto de xeito negativo e insiste en que cumpre coas normativas ambientais
O PPdeG asegura que vai "seguir traballando" para que haxa industria e emprego, "respectando o medio ambiente"

Altri quere producir fibras téxtiles en Palas de Rei
11/10/2024 15:17
Xa teñen en marcha unha planta moi semellante en Portugal, na que fabrican lyocell
Esta fibra está presente en moita da roupa que mercamos a diario

20/09/2024 16:05
Malia todo, o Executivo mantén que o marco axeitado para tratar este asunto é o Consello de Política Fiscal e Financeira
Ángel Víctor Torres anuncia para outubro a celebración da Conferencia de presidentes autonómicos, centrada en aspectos como a vivenda
Sánchez comprométese a trasladar aos seus ministros as demandas de Rueda, como as referidas ao traspaso da AP9, os fondos para Altri ou a axilización do traspaso dos medios de xestión do litoral
.png)
17/09/2024 09:40
A conselleira de Economía asegura que, desde abril, a oficina atendeu máis de 7.000 consultas e 354 proxectos
María Jesús Lorenzana critica a postura do PSdG sobre Altri: "O técnico Besteiro parece que está vendido a Moncloa e decidiu tirar a toalla por Galicia"

Non todo pode ser política, por Venancio Salcines
17/09/2024 08:02

Besteiro di que Altri quedará sen axudas públicas e Rueda pide respectar o traballo dos técnicos
16/09/2024 15:34
O líder do PSdeG puxo en dúbida que o proxecto de Palas de Rei encaixe nos parámetros ambientais que fixa Europa e pensa que, por iso, non poderá recibir axudas do Goberno
Ana Pontón, sobre as palabras de Besteiro: "Rectificar é de sabios"
Desde a Xunta acusan a Besteiro de converterse en "técnico" ás ordes de Moncloa e o BNG
Rueda pídelle que respecte o traballo dos técnicos, e asegura que só apoiará os proxectos que cumpran todos os parámetros ambientais

16/09/2024 10:54
A conselleira de Medio Ambiente denuncia a pasividade do Goberno central no traspaso das competencias recoñecidas na lei do litoral
Critica o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro por se posicionar en contra do proxecto de Altri

Bruxelas non aprecia infracción ambiental no proxecto de Altri en Palas
05/09/2024 13:12
A Comisión Europea lembra que o Goberno debe velar polo cumprimento das normas, nunha resposta a unha pregunta formulada pola eurodeputada Ana Miranda
A Xunta agarda ter listo o informe ambiental do proxecto a comezos de 2025

O BNG solicita os informes ambientais sobre Altri e o PP defende o rigor dos técnicos da Xunta
12/08/2024 14:55
Os nacionalistas piden no Parlamento de Galicia que se lles envíe toda a documentación sobre a implantación da biofábrica de Altri en Palas de Rei

A Xunta pide a Altri seis medidas para minimizar o impacto paisaxístico da planta en Palas de Rei
06/08/2024 21:51
Un informe de Medio Ambiente avala as medidas da compañía, pero require "maior precisión" para as barreiras vexetais de ocultación das instalacións

30/06/2024 12:45
Trazaron unha cadea humana sobre o perímetro do edificio administrativo da Xunta en Santiago
Convocados pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en defensa da Ría da Arousa reclamanlle á Xunta que non permita a instalación da celulosa en Palas de Rei
Altri anuncia que as próximas semanas abrirá a bolsa de emprego para uns 500 postos

Greenpeace desprega unha pancarta en contra de Altri na catedral de Santiago
27/06/2024 12:40
Escaladores da organización ecoloxista colocaron a faixa na balconada do museo, fronte a sede da Presidencia da Xunta no Pazo de Raxoi
Patrimonio analiza posibles danos no edificio
Greenpeace e Ecoloxistas en Acción chaman a cidadanía a rodear o edificio administrativo da Xunta en San Caetano este domingo nunha nova acción de protesta

Industria prevé que a lei de recursos naturais abarate a electricidade de fogares e empresas
26/06/2024 08:46
Segundo a conselleira de Economía e Industria, "a lei vai de obrigar os promotores a que repercutan parte dos beneficios do aproveitamento dos recursos naturais nos cidadáns"
Lorenzana acusa colectivos e partidos políticos "determinados" de "mentir" sobre Altri e pide ao PSdeG "que sexa coherente con Galicia e non coa Moncloa"

Milleiros de persoas maniféstanse en Pontevedra contra as celulosas de ENCE e Altri
16/06/2024 13:43
Na marcha os participantes esixiron a "saída" de ENCE da ría de Pontevedra e que "non se instale" a factoría prevista de Altri na Ulloa en Palas

Concentración de barcos do sector bateeiro fronte a Altri na canle da ría da Arousa
12/06/2024 20:45
Greenpeace tamén estivo presente na protesta

Altri agarda unha resposta favorable do Goberno ao proxecto en Palas antes de final de ano
03/06/2024 14:47
A empresa achaca a "datos falsos" as críticas ao proxecto de fibras téxtiles
Altri condiciona o proxecto a conseguir 250 millóns de euros de fondos públicos e conseguir a aceptación social
"Estamos facendo algo único en Europa, en 20 anos cambiará todo en Palas de Rei"

"Estamos facendo algo único en Europa, en 20 anos cambiará todo en Palas de Rei"
03/06/2024 09:58
O conselleiro executivo de Altri indica que a empresa é "responsable" co desenvolvemento sostible e afirma que o proxecto non é comparable co de ENCE
Carlos Van Zeller explica que a auga se devolverá ao río "tratada e depurada" e cunha variación de temperatura inferior aos 3 graos

27/05/2024 10:23
José Soares de Pina apela a estudos realizados e di que a auga que se botará ao río "estará bastante por debaixo" dos 27 graos
Sinala que as emisións no futuro complexo de Palas "non son comparables" ás de Ence en Pontevedra
O conselleiro delegado da empresa deixa aberta a porta a cambios no proxecto tras a análise das alegacións e manexa o "último trimestre" de 2024 para a autorización ambiental

Manifestación en Palas de Rei contra o proxecto de Altri
26/05/2024 13:43
Baixo o lema "Dende a Ulloa ata a ría, auga e aire son vida", os manifestantes, que desbordaron Palas, percorreron a distancia desde o polígono industrial ata o centro

Juan Manuel Vieites: "Non contar con axentes do diálogo social erosiona a confianza"
26/05/2024 09:56
O presidente da CEG aféalle ao Goberno central a toma de decisións sen contar cos empresarios
Insta a "resolver" canto antes o conflito diplomático con Arxentina ante os importantes intereses económicos en xogo
Urxe solucionar a inseguridade xurídica arredor do desenvolvemento da eólica

Galicia amplía o plan antiincendios con máis medios técnicos e humanos
23/05/2024 16:42
O dispositivo contará con 7.000 persoas cunha trintena de medios aéreos e 380 motobombas
Crearanse 44 puntos de auga para a recarga de medios de extinción e entra en servizo a nova base de medios aéreos transfronteiriza de Verín-Oímbra
A petición do SLG debateuse sobre Altri: "Unha macrocelulosa dez veces maior que a de Ence na ría de Pontevedra", dixo o sindicato

02/05/2024 09:26
O Goberno galego porá en marcha o Foro do Litoral e unha Comisión de Coordinación do Litoral, "para ir avanzando mentres non hai un traspaso efectivo", explicou a conselleira de Medio Ambiente
Sobre Altri: "Non se vai instalar nada no territorio que non cumpra a lei"
Vázquez cre que "algo non está funcionando ben" pola disparidade de criterio dos tribunais sobre os parques eólicos

Visitamos unha planta de Altri en Portugal
20/04/2024 15:30
A empresa é líder na fabricación de celulosa no país veciño

O BNG presenta máis de 700 alegacións á implantación de Altri en Palas
17/04/2024 11:57
Os nacionalistas afirman que o proxeto condicionará a política forestal galega e sinalan a ausencia dun plan de industrialización asociado

Juan Vieites: "Hai que seguir traballando estreitamente co novo Goberno de Rueda"
14/04/2024 11:29
O presidente da patronal galega agarda que co novo goberno da Xunta se poida seguir medrando como comunidade autónoma
Tacha de "ocorrencias" e "intervencionismo" a política en materia laboral da vicepresidenta Yolanda Díaz

Andaina entre Palas de Rei e Santiso contra o proxecto de Altri na zona
07/04/2024 13:24
Unhas 400 persoas amosaron o seu rexeitamento á instalación da fábrica na comarca
A empresa asegura está a traballar nun plan de formación para a mocidade interesada en formar parte do proxecto

Lorenzana: "Non me parece realista contar que en xuño vaia estar vendida Alcoa"
07/04/2024 09:57
A conselleira de Industria en funcións reitera a necesidade de que Alcoa cumpra cos acordos para San Cibrao en paralelo á venda
Atribúe a mentiras ou falta de información algunhas informacións sobre Altri que son contrarias ao expediente administrativo
Considera que Stellantis Vigo sofre "discriminación" na repartición de axudas por parte do Estado

Greenfiber lanza unha web da fábrica de Altri en que nega ser unha celulosa para papel
03/04/2024 18:43
Asegura que se nutrirá de eucalipto "excedentario" e que "non será necesario incrementar" a superficie desta especie

26/03/2024 10:39
O director do proxecto GAMA de Altri di que o proxecto industrial "non vai implicar o desenvolvemento de novas superficies de produción de eucalipto" no territorio galego
Bruno Dapena confía en que se autorice a fábrica e asegura que están traballando "intensamente" coas adminsitracións para obter 250 millóns de fondos europeos

Suspendidas as charlas da pasteira portuguesa Altri na Ulloa
21/03/2024 14:40
A empresa denuncia a "actitude agresiva" dalgúns colectivos
O que xera máis preocupación entre os veciños é o impacto ambiental da planta
O BNG rexeita o proxecto: "É unha bomba ambiental que non queren en Portugal"

A patronal de Lugo pide "navegar todos a unha" para garantir o futuro de Alcoa
03/02/2024 11:30
O secretario xeral da CEL dubida que unha eventual intervención da factoría fose aceptada pola UE
Jaime López bota en falta máis explicacións do Goberno sobre a falta de conexión da rede eléctrica para Altri

Lorenzana: "Parece que o Goberno non aposta pola provincia de Lugo"
31/01/2024 10:32
"Hai que esixirlle este ultimato, ten que aclarar cal é a súa planificación, e de non ser así esixirlle responsabilidades e tomar as rendas dende o Goberno central", di a conselleira sobre Alcoa
"Altri leva esperando financiamento dos Next Generation dende hai máis dun ano", asegura Lorenzana, quen lamenta que o ministro de Industria diga que só coñece o proxecto desde hai un mes ou que non se inclúa na conexión á rede eléctrica

10/07/2023 16:33
"Altri presenta un proxecto extraordinario que encaixaría cos obxectivos da aposta cara á descarbonización", aseguran no Ministerio

Vieites: "O proxecto de Altri está en risco de exclusión dos fondos europeos"
11/06/2023 11:07
O presidente da CEG asegura que o plan director do Corredor Atlántico Noroeste "está moi avanzado"
Opina que o estatuto do bolseiro "tal e como se está a definir" non beneficia moito nin a estudantes nin a empresas