Contido coa etiqueta .
Cartas Explosivas

O home que enviou cartas explosivas a Sánchez e ás embaixadas, condenado a 18 anos de cárcere
23/07/2024 16:01
Foi detido en 2022 polo envío de seis cartas bomba ao presidente, á ministra de Defensa, á empresa Instalaza, ás embaixadas dos Estados Unidos e Ucraína e a un centro de satélites
A Audiencia Nacional determinou que o seu obxectivo era causar una "conmoción na sociedade española que exercese presión" para que "deixen de prestar apoio a Ucraína"

22/03/2024 12:07
A fiscal da Audiencia Nacional acúsao dun delito de terrorismo (10 anos) e doutro de fabricación, tenza, colocación e emprego de aparellos explosivos (12 anos)
Reclámalle ademais o pago dunha indemnización de 1.500 euros para o traballador da embaixada de Ucraína que quedou ferido ao manexar a carta que enviou alí o acusado

Envían a prisión por delitos de terrorismo o detido polas cartas bomba
27/01/2023 14:37
O xuíz admite que non hai indicios de que pertenza ou colabore con algún grupo terrorista organizado, pero pensa que hai risco de fuga e de ocultación de probas
O instrutor teme que o detido tivese intención de fuxir a Rusia

Un xubilado de 74 anos detido polo envío das cartas explosivas
25/01/2023 10:30
O arrestado é un xubilado de 74 anos, residente en Miranda de Ebro e extraballador do concello de Vitoria
Fontes da investigación sinalan que é unha persoa moi activa en redes sociais, con coñecementos técnicos e informáticos e sen antecedentes nin vínculos con formacións políticas

05/12/2022 17:22
Correos detectou os envíos que ían destinados ás sedes diplomáticas

A policía sospeita que os sobres explosivos procedían de Valladolid
03/12/2022 20:23
As primeiras pescudas apuntan a unha mesma autoría de todos os envíos

A ministra de Defensa pide non especular sobre os paquetes explosivos
03/12/2022 14:26
As autoridades extreman as precaucións coas cartas e paquetes sospeitosos
Margarita Robles confía en que a policía determine pronto a autoría dos envíos

A embaixada de Ucraína en Madrid recibe un paquete cun ollo dun animal dentro
02/12/2022 15:10
Esta é a segunda carta ameazante que chega á legación diplomática en España

O Goberno non ve motivo para elevar a alerta terrorista polo envío de cartas explosivas
02/12/2022 10:33
Os seis sobres sospeitosos contiñan pólvora e pequenos anacos de metralla
Fontes da investigación explican que son moi sinxelos e sinalan que calquera persoa accedendo a Internet podería elaborar eses paquetes bomba

Fan estoupar un sexto paquete con material pirotécnico na embaixada dos EUA
01/12/2022 14:37
Son sobres de cor marrón con "similares características", entre elas a coincidencia na caligrafía
Houbo envios á Moncloa dirixidos a Pedro Sánchez e outro ao Ministerio de Defensa, dirixido a Margarita Robles

Interceptan un sobre con material pirotécnico dirixido a Pedro Sánchez
01/12/2022 10:45
A embaixada de Ucraína en Madrid, unha empresa de armamento de Zaragoza, a base aérea de Torrexón e a sede do Ministerio de Defensa recibiron sobres con material explosivo nas últimas 24 horas

Chega un terceiro sobre con explosivo, este á base aérea de Torrexón de Ardoz
01/12/2022 09:10
O sobre sospeitoso ía dirixido ao Centro de Satélites, segundo informaron os Ministerios de Interior e de Defensa
Este mércores chegou o primeiro sobre explosivo á embaixada de Ucraína en Madrid e pola tarde outro a Instalaza, unha empresa de Zaragoza que fabrica armamento

Outra carta bomba nunha fábrica de armas de Zaragoza
30/11/2022 21:25
Os TEDAX detonaron de forma controlada o artefacto, sen que haxa que lamentar feridos
Ferido un empregado da embaixada de Ucraína en Madrid tras a explosión dunha carta bomba

Investigan por terrorismo a explosión dun sobre na Embaixada de Ucraína en Madrid
30/11/2022 14:37
O artefacto caseiro que ía no sobre explosionou cando o empregado abriu o sobre
Ao parecer a carta ía dirixida ao embaixador e non pasou polo escáner, abriuna un membro de seguridade no xardín
O membro de seguridade ten feridas leves