Contido coa etiqueta .
Gripe Aviaria

Agricultura declara o risco alto de gripe aviaria e pecha as aves de curral de sete concellos
17/01/2025 18:44
A medida afecta os municipios de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa
Esta medida preventiva actívase o luns 20 de xaneiro

A FAO recomenda extremar a vixilancia para previr contaxios de gripe aviaria ao gando vacún de leite
16/01/2025 20:18
Polo momento non hai constancia de casos positivos nas granxas europeas

España adquirirá vacinas de gripe aviaria no próximo proceso de compra conxunta da UE
08/01/2025 16:52
Aínda que non se produciron casos de transmisión entre humanos, a situación epidemiolóxica cambiou respecto a xuño, cando optara por non adquirilas

Os EUA informan da primeira morte por gripe aviaria no país
07/01/2025 08:25
O falecido era maior de 65 anos, estaba exposto a aves de curral e silvestres e padecía outras enfermidades
Segundo o Departamento de Saúde, non se identificou a transmisión do virus deste caso a outras persoas

Detectados dous novos focos de gripe aviaria en aves silvestres na Coruña e Marín
28/11/2024 20:14
Detectáronse nun mascato e nunha gaivota patiamarela, cuxos corpos xa foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Carballedo

Detectado un novo foco de gripe aviaria nunha gaivota de patas amarelas en Cangas
22/10/2024 19:13
A gaivota foi trasladada a un centro de recuperación en Cerdedo-Cotobade, onde se lle extraeron as mostras que acabaron por confirmar o caso

Detectan un caso de gripe aviaria nunha gaivota patiamarela en Oleiros
14/06/2024 19:39
É o primeiro caso confirmado en Galicia este ano
Non supón ningún cambio no risco de estado sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria e non supón ningunha medida adicional

A OMS aclara que a morte dun paciente en México non é atribuíble á gripe aviaria
07/06/2024 12:05
O portavoz da OMS subliñou que a investigación do caso está actualmente en curso

A OMS reporta en México a primeira morte humana por gripe aviaria no mundo
06/06/2024 09:07
A vítima é un home de 59 anos, que faleceu o pasado 24 de abril e non estivo en contacto con aves de curral ou outros animais

Atopan unha gaivota con gripe aviaria en Xove
13/02/2023 21:30
Con este novo caso son xa trinta o total de focos notificados en Galicia

O primeiro caso de gripe aviaria en mamíferos de toda Europa detectouse nunha granxa de Carral
26/01/2023 09:50
O caso é de outubro pero a alerta confirmouna nas últimas horas o Centro Europeo de Control e Prevención de Enfermidades
É unha alerta preventiva, xa que a capacidade de transmisión deste virus a humanos se considera limitada

19/09/2022 13:54
Os casos son de mascatos, unha ave mariña que non se achega a terra a non ser que estea enferma
De momento as explotacións domésticas ou profesionais non están ameazadas

A Xunta notifica dous casos de gripe aviaria en exemplares silvestres
29/08/2022 17:05

O brote de gripe aviaria en España leva ao sacrificio de máis de 269.000 aves
11/02/2022 17:44
O brote máis numeroso detectouse nunha macrogranxa de Valladolid, con máis de 133.000 galiñas que serán sacrificadas