Contido coa etiqueta .
Pescanova

Nueva Pescanova dá luz verde á ampliación de 72,6 millóns para financiar o seu crecemento
27/09/2024 15:46
Abanca, principal accionista do grupo, confirmou que acudirá á ampliación, o que garante que se cubrirán polo menos 71 millóns de euros
Tamén aprobou as contas anuais consolidadas 2023-2024, que reflicten unhas vendas de 970 millóns de euros

Nueva Pescanova perde 131 millóns no seu último ano fiscal, o dobre do exercicio anterior
11/09/2024 16:32
Atribúeno á inflación, á caída histórica do prezo do lagostino e ao efecto climático do fenómeno el Niño

O TSXG avala o cesamento dun directivo de Pescanova por gastos sen xustificar
11/11/2023 18:52
Pasou recibos de 8.000 euros en almorzos, comidas e ceas, a maioría nun restaurante preto da súa residencia
Cargou gastos de combustible para facer 31.000 quilómetros malia vivir a catro do centro de traballo

Escotet confirma que a busca dun socio industrial para Nueva Pescanova quedou aparcada
31/10/2023 14:22
Abanca, socio maioritario da pesqueira, con máis do 97 % das accións, inxectou o pasado xaneiro 70 millóns de euros en Nueva Pescanova
O pasado abril, deuse practicamente por feita a venda do 80 % de Nueva Pescanova á pesqueira canadense Cooke

Suspenden a folga en Nueva Pescanova tras un preacordo sobre o ERE
26/10/2023 16:30
O comité de empresa nunha asemblea dos traballadores trasladaralles este venres os termos do preacordo para que sexa sometido a votación

Nueva Pescanova rebaixa a 82 os despedimentos ao constituír a mesa do ERE
26/09/2023 15:05
As partes teñen 30 días por diante, ata o 26 de outubro, para tratar de pechar un acordo

Pescanova S. A. remata o seu primeiro semestre fiscal con 531.000 euros de perdas
01/08/2023 10:35
O grupo está dividido dende 2015, a parte produtiva quedou en mans da banca acredora baixo o nome de Nueva Pescanova e a "vella" quedou como unha sociedade de carteira controlada polos accionistas minoritarios

17/07/2023 13:57
O Supremo rebaixou a súa pena a seis anos ao absolvelo dos delitos de estafa e falsidade documental e ao aplicar unha atenuante polo atraso no proceso

Ignacio González deixará a dirección de Nueva Pescanova antes da venda a Cooke
23/05/2023 12:34
A saída producirase o 6 de xuño "por motivos persoais"
José María Benavent, actual presidente executivo do grupo, será o seu substituto

Nueva Pescanova ve a canadense Cooke como o "socio ideal" para o futuro
24/04/2023 14:16
Desde a dirección aseguran que se manterán os postos de traballo en Galicia
Vigo continuará sendo a sede e o centro de decisións da empresa

Manuel Fernández de Sousa ingresa na prisión por falsidade de contas
18/04/2023 16:51
O expresidente de Pescanova cumprirá 6 anos de prisión en Soto del Real

Rueda pídelle a Nueva Pescanova manteña os empregos e o domicilio en Galicia
14/04/2023 13:55
Díxoo despois de facerse públicas as negociacións de Abanca co grupo canadense Cooke para a venda do 80 % da participación en Nueva Pescanova

O Supremo rexeita rebaixar a pena a Fernández de Sousa: deberá cumprir 6 anos
29/03/2023 12:20
A defensa do expresidente de Pescanova pretendía mediante un recurso de aclaración que a condena quedase en catro anos e medio de prisión

O Supremo deixa en seis anos de cárcere a condena ao expresidente de Pescanova
15/02/2023 14:32
O Alto Tribunal sentenza que Fernández de Sousa é culpable de falsear as contas e a información financeira da empresa e de alzamento de bens, pero reduce en dous anos a condena de prisión
A sentenza tamén establece que deberá indemnizar os investidores prexudicados con máis de 125 millóns

Arde a antiga nave de Pescanova en Vigo
21/01/2023 22:01
Os Bombeiros de Vigo apuntan a que o lume podería ser intencionado