Contido coa etiqueta .
Planadoras

A Garda Civil dá por desmantelada a rede galega que vendía planadoras a narcos do Estreito
19/04/2024 11:13
Na operación, desenvolvida en Ourense, Ribadumia e no norte de Portugal, detiveron seis persoas
Durante os rexistros comisaron cartos, oito embarcacións, 25 motores de gran cilindrada e material náutico, como radares GPS
A Garda Civil atribúe a esta organización a fabricación de narcolanchas vinculadas con aprehensións de máis de 4.000 quilos de cocaína e 4.000 quilos de haxix ao sur da Península
.png)
Atopan sen vida o tripulante dunha embarcación que caeu ao mar en Cangas
17/04/2024 16:14
A vítima, de 43 anos, era un coñecido veciño do Morrazo, ao rexentar a súa familia un bar en Moaña

Sen rastro do tripulante da embarcación que caeu ao mar na Costa da Vela
13/04/2024 08:44
Salvamento Marítimo recuperou a embarcación que envorcou á altura de Punta Couso
O desaparecido é Gustavo González Malvido, de 42 anos, moi coñecido no Morrazo

A operación para deter a Vidal Padín, o Burro, desencadéase ao detectar a súa presenza en Galicia
12/04/2024 12:39
Os investigadores atoparon nos rexistros cartos, pero pouca cantidade, tres embarcacións, unha con catro motores foraborda, moldes para a construción de lanchas e teléfonos encriptados, pero non atoparon droga
Das acusacións iniciais só se mantén, polo momento, a de contrabando

Buscan probas na nave de Vilaxóan que vinculen a Vidal Padín co narcosubmarino Poseidón
10/04/2024 10:44
A operación deixa seis detidos, polo momento, que permanecen en dependencias policiais e non se agarda que pasen a disposición xudicial nas próximas horas
Os investigadores comisaron tres planadoras, cando menos unha en fase de construción
Deteñen a Vidal Padín, o Burro, en relación ao Poseidón e ás planadoras de Ribeira

Deteñen a Vidal Padín, o Burro, en relación ao Poseidón e ás planadoras de Ribeira
09/04/2024 13:47
No operativo policial practicáronse polo menos cinco detencións e atopáronse dúas planadoras

Comisan oito planadoras en Vila Nova de Cerveira antes de que puidesen botarse ao mar
13/04/2023 14:16
A policía sospeita que ían ser empregadas no transporte de drogas
Identificaron tres homes, que non foron detidos porque a construción deste tipo de embarcacións non é delito en Portugal

Comeza o traslado da planadora que apareceu varada en Muxía
24/03/2023 11:03
Un primeiro guindastre non puido coa embarcación de 13 metros de longo e que conta con catro motores

Aparece unha planadora en Muxía
23/03/2023 18:56
Reúne as características dunha narcolancha e tería capacidade para case 3.000 quilos de droga

Comezou o operativo para retirar as narcolanchas das praias de Ribeira
23/02/2023 14:51
As planadoras transportaron un importante alixo de cocaína que descargaron de madrugada

Declaran en Cangas os detidos na Arousa relacionados coas narcolanchas
17/06/2022 13:35
A Garda Civil investiga a súa implicación nunha descarga de droga e na botadura frustrada dunha embarcación en Vilaboa

Unha narcolancha incautada en Vilaboa, orixe do novo operativo antidroga no Salnés
15/06/2022 14:10
A Garda Civil despregouse esta madrugada nos concellos de Vilanova e A Illa de Arousa continuando a investigación iniciada en abril

Os investigadores dan por desartellada a organización fabricante de 'narcolanchas'
19/04/2022 11:22
A operación remata cun balance final de 22 persoas detidas e 27 rexistros

As narcolanchas comisadas en Portugal superan os cinco millóns de euros
11/04/2022 13:50
A Polícia Judiciária requisou 14 narcolanchas no norte do país

Prisión para oito dos detidos na operación contra a fabricación de narcolanchas
09/04/2022 08:16
Están investigados por delitos contra a saúde pública, de contrabando e de pertenza a organización criminal
Outros catro arrestados na operación quedaron en liberdade, pero non poden abandonar o territorio nacional

En liberdade nove dos detidos en relación coa construción de planadoras para o narcotráfico
07/04/2022 11:06
Os outros doce pasan mañá a disposición xudicial
Un dos detidos é curmán do narcotraficante Sito Miñanco
Houbo rexistros en Galicia, no resto de España e mesmo en Portugal

Vinte detidos supostamente relacionados coa construción de planadoras para o narcotráfico
06/04/2022 14:06
A maior parte das detencións realizáronse no Salnés
Houbo 27 rexistros en vivendas e naves onde supostamente se constrúen as narcolanchas
A operación ten ramificacións noutras provincias de España e en Portugal

Ingresan en prisión os dous detidos en Vilaboa cando trataban de botar unha planadora ao mar
13/02/2022 20:38
A embarcación quedara entupida no remolque dun camión
Investigan se o caso pode estar relacionado co da planadora calcinada en Moaña hai menos dun mes