Contido con Xeográficas .
Muxía

O narcosubmarino achado na Costa da Morte puido participar nunha descarga pouco antes
22/01/2025 10:14
As pegadas de neumáticos atopadas nunha praia de Muxia fan sospeitar que a embarcación participou nunha descarga de cocaína entre 24 e 48 horas antes
A embarcación estaba sendo remolcada cara ao porto de Camariñas cando se afundiu parcialmente

23/11/2024 10:57
A Garda Civil investiga o home por un suposto delito contra o patrimonio histórico
Sacou a peza da auga hai 25 anos e levouna para a súa vivenda
A traxedia do HMS Serpent con 175 tripulantes a bordo do buque británico deu lugar ao cemiterio dos Ingleses

O independente Javier Sar é o novo alcalde de Muxía despois da moción de censura contra o PSdeG
07/10/2024 15:50
A dirección nacional do BNG non apoia o sentido do voto da concelleira nacionalista na localidade que se enfronta a un expediente disciplinario

O BNG desautoriza a moción de censura en Muxía "porque participa o PP" e expedienta a súa edil
23/09/2024 20:42
Besteiro cre que se trata dunha "aberración" e Rueda di que, en materia de acordos para gobernar, os populares non poñen "cordóns sanitarios"

Rexistrada a moción de censura en Muxía, co independente Sar de candidato
23/09/2024 11:17
A moción está asinada polo PP, partido maioritario da oposición, con 3 edís; Independentes por Muxía (IxM), con dous concelleiros, e a concelleira do BNG
O pleno para votar a moción e investir o novo alcalde celebrarase o próximo 7 de outubro ás 12:00 horas

A salvo os tripulantes dun pesqueiro de Muxía que sufriu unha vía de auga fronte ao Cabo Vilán
20/09/2024 10:05
O Valencia Filgueira deu aviso contra as 9:29 desta mañá e acabou afundindo dúas horas despois
Os seus tres tripulantes están sendo trasladados a Muxía a bordo da Salvamar

SOS no mar, un dron socorrista creado por unha empresa galega actúa sen arriscar vidas
14/06/2024 15:12
O Dophing é un dron acuático, de fácil manexo, que pode remolcar ata 250 quilos

Rescatan o tripulante dun veleiro cunha vía de auga que encallou en cabo Touriñán
07/06/2024 12:48
O operativo desenvolveuse de madrudaga, en condicións de mala mar e coa única visibilidade que daban os focos do helicóptero de rescate Helimer

A area invade un carril da principal estrada de acceso a Muxía
04/06/2024 14:06
É un problema recorrente que sucede cada vez que hai nordés
Os veciños reclaman unha solución definitiva

Activado o aviso laranxa na Costa da Morte por temporal no mar
06/04/2024 14:06
O resto de litoral coruñés e o de Pontevedra tivo aviso amarelo por ondas de 4 a 5 metros

O mal tempo deixa unha ocupación hoteleira próxima ao 70 % na Costa da Morte
31/03/2024 14:56
As previsións iniciais do sector indicaban que a ocupación media podía chegar ao 90 %

Muxía, premiada como a vila máis acolledora de España polos usuarios de booking.com
22/03/2024 22:26
Os galardóns Traveller Review Awards outórganse a nivel mundial co obxectivo de recoñecer o labor e a calidade dos servizos turísticos
O Parador da Costa da Morte axudou nos últimos anos a darlle pulo ao turismo na zona e tamén foi distinguido con varios premios

Fai dez anos do incendio do santuario da Virxe da Barca
24/12/2023 19:14
A construción restaurouse, pero Muxía segue agardando por un retablo novo

Rexistrado un sismo de 3,1 graos Richter en Muxía
04/12/2023 08:43
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional o tremor tivo lugar ás 6:38 h da mañá
O epicentro situouse a un quilómetro de profundidade, nunha área rodeada polas aldeas de Quintáns, Cebráns, Fumiñeo e Castelo

A Costa da Morte é unha das comarcas galegas con maior ocupación turística nesta ponte do Pilar
12/10/2023 21:47
A maioría dos turistas e peregrinos procede de Madrid e da propia Galicia

Sorpresa nun restaurante de Muxía: aparece outra perla nunha ameixa
30/08/2023 16:12
Xa levan seis perlas no que vai de ano na zona

A Policía Xudicial investiga a desaparición dos motores da narcolancha varada en Muxía
27/04/2023 22:05
Corresponden á narcolancha de case dez metros de eslora que apareceu na praia de Nemiña o pasado 24 de marzo

A Policía Xudicial analiza a narcolancha que varou na praia de Nemiña, en Muxía
27/03/2023 14:58
Os investigadores buscan pistas sobre a súa procedencia e se ten relación con outras atopadas recentemente na costa

Retiran a planadora que apareceu varada na praia de Nemiña, en Muxía
24/03/2023 17:51
Trasladárona a unha nave municipal en Muíños ata que a Garda Civil decida a onde a levan para estudala

Comeza o traslado da planadora que apareceu varada en Muxía
24/03/2023 11:03
Un primeiro guindastre non puido coa embarcación de 13 metros de longo e que conta con catro motores

Aparece unha planadora en Muxía
23/03/2023 18:56
Reúne as características dunha narcolancha e tería capacidade para case 3.000 quilos de droga

Como se viviu o afundimento do Prestige na confraría de Muxía hai 20 anos
13/11/2022 15:04
Gardan o bo recordo da solidariedade do voluntariado
Critican a xestión do accidente marítimo e cren que os medios de hoxe en día non abondan en caso dun novo accidente

Unha veciña de Muxía loita contra a lama ás portas da súa casa
11/11/2022 13:26
Denuncia que a leira dun veciño trae os lodos e o Concello non pon solución ao problema
A situación vén de lonxe, pero empeorou pola chuvia e ten que poñer sacas de contención

Falece un home en Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz
01/11/2022 18:13
O condutor do vehículo morreu no lugar do accidente que se rexistrou na Baiuca

O parador da Costa da Morte quedou inaugurado case vinte anos despois do Prestige
22/10/2022 21:08
Leva aberto algo máis de dous anos pero o acto oficial pospúxose ata hoxe por mor da pandemia.
En Muxía, a ministra de Industria subliñou que o establecemento é un recordo da catástrofe do Prestige e un símbolo da súa recuperación.

Camións cisterna asisten aldeas de Muxía que xa non contan con auga
31/08/2022 14:43
Durante a noite cortan a subministración para que pola mañá teña algo de forza

Augas de Galicia reunirase para a semana cos concellos afectados pola prealerta de seca
20/08/2022 14:53
Amplíase a prealerta por escaseza de auga á bacía do Tambre e o río Grande
Salvo os ríos do norte de Lugo, toda a demarcación de Galicia-Costa se mantén nunha situación de seca prolongada

O espectáculo do solpor máis serodio de Europa atrae centos de turistas a Touriñán
18/08/2022 22:36
Desde este xoves ata o 19 de setembro

Socorren un veleiro alemán a pouco de esnafrarse contra as rochas da Barca, en Muxía
07/07/2022 16:07
Os seus oito tripulantes saíron ilesos do accidente

Periga o último secadoiro artesanal de congro que queda en Galicia
01/03/2022 14:11
Sanidade paralizou cautelarmente a actividade do secadoiro da Pedriña, en Muxía
Piden que a normativa se flexibilice para aceptar o proceso de curado do peixe ao aire libre

Ourizos da Costa da Morte para este Nadal
17/12/2021 17:15
A campaña de recolleita comezou o mércores con moi bo tempo
Os mariñeiros falan de boas capturas e bos prezos

Pepita, unha porca atípica que acompaña o seu dono no paseo cotián
19/11/2021 14:00
Pepita ten uns sete meses e, segundo o dono, pesa uns oitenta quilos