Contido coa etiqueta .
Telefonía

27/01/2025 18:41
Nvidia, creadora de ChatGPT, caeu 600.000 millóns este luns. É a maior caída diaria da historia
A China precisou só seis millóns de presuposto e dous meses para crear unha aplicación equivalente a ChatGPT
DeepSeek está a liderar as listas de descargas de App Store nos Estados Unidos

O grupo saudita STC convértese no terceiro accionista de Telefónica tras facerse co 9,97 %
24/01/2025 09:39
A Sociedade Estatal de Participacións Industriais, co 10 %, é o principal accionista da multinacional
Defensa di que calquera movemento de STC en Telefónica será respectando a seguridade nacional

Isto é o que sobe e o que baixa en 2025: pensións, luz, telefonía e máis
31/12/2024 08:30
Regresa o IVE normal da electricidade e da alimentación
O transporte público continuará bonificado ata metade de ano, con novos abonos a partir de xullo
O salario mínimo interprofesional empezará conxelado en 15.876 euros brutos e as pensións presentarán unha subida do 2,8 %
.png)
18/12/2024 18:02
A operadora recomenda desconfiar deste tipo de chamadas, xa que normalmente as actualizacións dos prezos fanse na factura ou vía SMS

Máis dun ano agardando a que Telefónica arranxe un poste partido en Oza-Cesuras
17/12/2024 14:09
Os operarios enviados cualificaron o estado do poste de "perigosísimo", segundo a veciña máis prexudicada, pero aí segue batendo co vento desde hai trece meses

A veciñanza logra frear a instalación dunha antena de telefonía nunha aldea de Ribeira
11/12/2024 13:58
O Goberno municipal apoia o rexeitamento de veciños e veciñas da Lomba á construción dunha antena de 43 metros de altura preto das casas e do colexio

A hiperconectividade fai que algúns volvan usar teléfonos móbiles sen Internet
19/10/2024 15:30
Hai comportamentos que nos indican que podemos estar enganchados ao móbil, por iso moitos comezan a tomar decisións drásticas para limitar esas condutas

Os expertos advirten dos riscos de cargar os móbiles na cama, xa que poden estoupar
11/10/2024 15:41
Non é habitual que estoupen, pero pasa, e ás veces con consecuencias tráxicas: en Guillena (Sevilla) morreu unha familia enteira nun incendio que se orixinou nun móbil que estaba cargando

Queixas pola mala cobertura de telefonía móbil e Internet nunha aldea de Vilagarcía
28/09/2024 14:39
O problema aféctalles a unhas 70 casas de Castroagudín, situada a catro quilómetros do concello arousán

Veciños de Ribela, na Estrada, seguen sen cobertura no móbil á espera dun repetidor
12/09/2024 13:42
A veciñanza denuncia abandono por parte das compañías de telefonía, tras anos reclamando unha solución
A falta de cobertura dificulta a vida diaria, os estudos, os negocios e mesmo os avisos en caso de emerxencia

As antenas de telefonía aumentan o número de problemas de recepción da televisión
21/05/2024 20:42
O crecente número das antenas 4G e 5G ten un efecto colateral moitas veces ignorado: as interferencias nos sinais de televisión, que poden acabar provocando que non se vexa algunha canle ou que se vexa mal
Os fallos de recepción tamén poden deberse a unha mala orientación da antena ou a que o amplificador quedase obsoleto.

Unha comunidade de veciños de Vigo consegue o cesamento de actividade dunha antena próxima
16/05/2024 12:51
A estrutura non se axustaba á licenza municipal

Hostaleiros e residentes levan tres meses de avaría na rede de fibra en Sanxenxo
09/04/2024 14:00
A manga mariña que afectou o Salnés en xaneiro derrubou un poste e desde entón cinco hoteis e varios veciños están sen telefonía fixa nin datos

04/04/2024 08:48
Nalgunhas zonas estanse instalando conexións por radio ou por satélite que os usuarios din que non funcionan ben
Son sistemas provisionais para substituír a rede de cobre tradicional, que deixará de funcionar definitivamente o 19 de abril
Os afectados piden que se instale xa a fibra óptica, como prevé a Axenda Dixital

Orange e MásMóvil pechan a súa fusión e comezan a operar como unha soa compañía en España
26/03/2024 21:01
As dúas xuntan arredor de 37 millóns de clientes

Unha familia de Chapela, Redondela, non pode aparcar no seu garaxe pola caída dun poste de telefonía
06/03/2024 13:11
O poste de telefonía caeu nunha curva e a zona está en obras dificultando a circulación

En Baxeles buscan cobertura colgando os móbiles nas árbores, nas viñas e pola aldea adiante
01/03/2024 14:15
Esta aldea do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras é unha zona de sombra pola súa complexa orografía
Teñen tamén deficiencias ao usar o teléfono fixo por radio, quitáronlles o antigo fío de cobre e non lles instalaron a fibra óptica
Séntense incomunicados e abandonados e piden un servizo de telefonía digno

Unha aldea da Estrada segue sen acceso a Internet desde o paso de Karlotta
20/02/2024 14:29
Os raios estragaron electrodomésticos en tronzaron o cable da rede de telefonía
Os afectados denuncian a demora nas reparacións porque non poden teletraballar ou acceder ao servizo de teleasistencia

Veciños de Cerponzóns quéixanse do risco que supoñen os vellos postes de telefonía
28/12/2023 14:22
Xa caeron varios postes preto de casas e camiños da parroquia
Piden que Telefónica retire ou renove os postes que podreceron

Un poste de telefonía caído corta unha pista e illa os veciños de Piñeira, en Monforte
21/12/2023 20:13
O incidente, que impide o tráfico pola vía, deixou sen Internet os veciños da parroquia
A compañía respondeulles que só retirarán o pau cando se queixen os seus propios clientes

Nun barrio de Monforte non poden contratar fibra por un poste amarrado a unha árbore
20/12/2023 20:46
Ningunha empresa lles vende o servizo por non poder garantir dalo en condicións
O pau permanece atado a un bidueiro dende hai 9 meses para non caer á estrada

A Pobra do Brollón encóntrase en risco de quedar sen os servizos de fibra óptica e telefonía fixa
27/11/2023 13:42
Advirten a compañía telefónica da caída dunha árbore sobre o cable que dá o servizo

Illados en Outes: sen cobertura de móbil, sen Internet e con problemas no fixo
21/11/2023 09:52
Veciños de Oroña e Cabana Moura protestan polas deficiencias no servizo de telefonía

Protestas veciñais contra unha antena de telefonía en Monterroso
09/11/2023 20:11
Os residentes en San Breixo reclaman que a torre se instale lonxe das vivendas

Aumentan as denuncias por spam telefónico, malia estar prohibido
06/11/2023 14:19
Catro meses despois de que entrara en vigor a lei que prohibe o spam telefónico, a Axencia Española de Protección de Datos recibe máis denuncias ca nunca ao respecto
Nove de cada dez usuarios recibiron algunha chamada comercial no último mes

O fondo británico Zegona adquire o 100 % do negocio de Vodafone en España por 5.000 millóns de euros
31/10/2023 09:05
Segundo informou o fondo británico, os termos da operación inclúen que Vodafone ofrecerá a Zegona un acordo de licenza que lle permitirá utilizar a marca Vodafone en España "durante un período de ata dez anos"

As conexións de Internet e de telefonía restablécense gradualmente en Gaza
29/10/2023 08:39
Os intensos bombardeos sobre a Franxa, que danaran "as liñas internacionais" que conectan o enclave
Milleiros de persoas asaltan instalacións da ONU en Gaza e levan subministracións
Dous convois, de 20 camións cada un, de camiño para ser inspeccionados e entrar en Gaza

Piden a retirada dun poste de telefonía a piques de derrubarse en Valga
24/10/2023 13:58
A infraestrutura, xa sen case formigón, só se sostén polas varas interiores
O Concello de Valga solicita á operadora a súa substitución nun prazo de cinco días

As telefónicas tradicionais perden mercado polo avance das de baixo custo
05/10/2023 14:36
O 41 % dos usuarios que cambien de operador para o ano irán a unha low cost

Malestar no barrio compostelán de San Pedro tras once días sen servizo telefónico
28/09/2023 13:45
Os clientes quéixanse de que a operadora non soluciona un problema que prexudica particulares e comerciantes

O Goberno di que defenderá o interese de España en Telefónica tras a entrada de Arabia Saudita
06/09/2023 19:47
Saudi Telecom mercou o 4,9 % da empresa española e pedirá permiso ao Goberno para facerse co 5 % restante para ser a accionista maioritaria

Unha empresa saudita, principal accionista de Telefónica
05/09/2023 21:47
STC Group comprou unha participación do 9,9 % en Telefónica por 2.100 millóns de euros

Á cadea por vender móbiles de baixa calidade con aparencia de alta gama na Coruña
09/08/2023 09:44
O xulgado de garda decretou o seu ingreso en prisión provisional

Digi sofre unha caída que afecta os seus servizos de telefonía móbil en España
04/08/2023 22:03
A compañía conta con máis de 4 millóns de clientes de telefonía móbil

Fin das chamadas comerciais sen consentimento: adeus ao spam telefónico
29/06/2023 09:21
Están prohibidas dende este xoves

As chamadas comerciais quedan prohibidas a partir do próximo día 29
18/06/2023 21:03
A Axencia de Protección de Datos poderá iniciar un expediente en caso de que se produzan
Só as recibirán os usuarios que previamente desen o seu consentimento

50 anos da primeira chamada de móbil, a tecnoloxía que nos cambiaría a vida
15/04/2023 16:00
Tardaron décadas en desenvolver as redes necesarias para ofrecer un servizo de calidade

Protestas pola falta de cobertura móbil en Tomiño
04/04/2023 13:44
Nalgúns casos, cando non hai sinal a única solución é empregar a rede portuguesa

Investigan a fusión entre Orange e MásMóvil
03/04/2023 18:21
A Comisión Europea cre vai diminuír o número de operadores de rede en España e aumentar os prezos do servizo

Problemas de cobertura e Internet a só dez quilómetros de Ourense
10/03/2023 13:56
En setembro nin sequera puideron chamar o 112 para avisar dun incendio forestal nas inmediacións da aldea