Contido coa etiqueta .
Universidade De Santiago

Científicos galegos desenvolven unha técnica moi prometedora para tratar a vertixe persistente
18/01/2025 23:07
Tras un estudo a fondo da anatomía do oído do paciente, traballan nunha solución personalizada

10/01/2025 12:35
Un 50 % da poboación vai ter nalgún momento da súa vida un problema de vertixe
Os cálculos algorítmicos dos físicos de USC achegan posibilidades de tratamento individualizadas para os casos máis difíciles

Producen un novo fertilizante natural con xurros porcinos e residuos forestais
30/11/2024 21:27
É un proxecto de investigación que se está a desenvolver en Verín e no que participa unha comunidade de montes local
Está a dar bos resultados para o cultivo da vide ou para a recuperación de solos danados polos incendios

Núñez Seixas (historiador da USC): "Estamos nunha nova Guerra Fría 2.0"
09/11/2024 14:57
Tres décadas despois da caída do muro de Berlín, o catedrático cre que a barreira física caeu, pero a mental permanece

A USC recupera textos xacobeos inéditos anteriores ao Códice Calixtino
26/10/2024 14:42
Son versións novas do relato da translación do Apóstolo achadas fóra de España

A nova Facultade de Farmacia de Santiago estará operativa no curso académico 2026-2027
24/09/2024 14:55
Na presentación do proxecto, Alfonso Rueda dixo que as novas instalacións amosan o apoio da Xunta á innovación e ao desenvolvemento universitario

Un investigador da USC, destinatario dunha das bolsas máis prestixiosas da UE
06/09/2024 15:00
Ignacio Insua é licenciado en Farmacia pola USC, doutor en Química pola Universidade de Birmingham e investigador do Instituto Ramón y Cajal
O seu proxecto para loitar cotra as bacterias resistentes, que desenvoverá en Santiago, foi seleccionado polo seu potencial clínico e innovador

As universidades galegas non pasan o exame da lista de Shanghai e só a USC escala postos
15/08/2024 12:10
A Universidade da Coruña non aparece entre as mil primeiras, e ningunha das tres ocupa postos entre as 500 máis destacadas

Hai quen busca residencia en Santiago xa un ano antes de comezar a universidade
08/07/2024 21:31
Ante os problemas para atopar onde vivir durante o curso, moitos optan por facelo con máis antelación

A USC estrea a Cátedra Institucional Rosalía de Castro
05/07/2024 16:59
Servirá para promover achegas sobre a autora, promover a edición da súa obra e realizar actividades de fomento relacionadas coa súa vida

Falece en Santiago o historiador Justo Beramendi aos 82 anos
03/07/2024 08:51
Era catedrático de Historia Contemporánea da USC e fundador e expresidente do Museo do Pobo Galego (2011-2022)

Un grupo de persoas toma o reitorado da USC para esixir propostas a prol de Palestina
10/06/2024 21:32
Boicotearon o Consello de Goberno por segunda vez nun par de semanas
A USC non contempla un desaloxo policial e ten como obxectivo acadar unha solución pacífica

Investigadores da USC avanzan nunha substancia para atallar a praga da rata toupa
06/05/2024 20:41
O produto probouse con éxito no concello de Triacastela

Un equipo da USC proba en montes queimados proxectos sostibles de rexeneración
04/05/2024 13:43
Ensaian coa plantación de distintas especies arbóreas e introducindo animais para controlar a vexetación

Francesco Tonucci, pedagogo italiano, doutor honoris causa da Universidade de Santiago
03/05/2024 15:04
Autor do libro A cidade dos nenos, reivindica a aprendizaxe dos pequenos nun ámbito seguro

Os grupos de danza da USC traen ao MIHL de Lugo o espectáculo 'Migracións'
26/04/2024 08:42
Por vez primeira participan na mesma producción os grupos de danza do campus de Lugo, de Santiago e do cuarto ciclo

A Unidade de Tabaquismo da USC mellora a eficacia dos tratamentos cunha app para deixar de fumar
23/04/2024 14:53
O 77 % dos pacientes que apostaron pola terapia en liña conseguiron deixar de fumar
O informe de resultados acaba de publicarse na prestixiosa revista científica Nicotine&Tobacco

Unha investigación da USC avanza na regulación térmica dos dispositivos electrónicos
13/04/2024 13:44
No CIQUS traballan con óxido de estroncio e titanio para controlar a resistencia ao paso da calor
Esta investigación permitiría o desenvolvemento de termorreguladores para unha maior eficiencia enerxética

As empresas terán que medir os niveis de radon e protexer o seu persoal do gas
13/04/2024 12:52
O 70 % do territorio galego presenta altas concentracións deste elemento químico
No 18 % dos fogares supera os límites recomendados pola OMS

Investigadores da USC recollen fondos para dar coa cura do glioblastoma
06/04/2024 13:13
Experimentan con radiofármacos e nanotecnoloxía contra o cancro cerebral máis común
Abriron unha campaña de micromecenado en busca de apoio privado

A suba da temperatura media en dous graos aceleraría os fenómenos extremos
06/04/2024 13:03
O inverno foi 1,8 graos máis cálido do habitual e a AEMET prognostica que a primavera tamén o será
As principais cidades galegas e o sector do mar serían os grandes prexudicados do aumento da calor

Unha investigación da USC ábrelle a porta a novos tratamentos para a diabetes
23/03/2024 14:49
A incidencia da doenza a nivel mundial aumentou máis dun 40 % desde o 2019
A investigación do CIMUS acaba de ser premiada pola Real Academia Galega de Ciencias

Alexandre Sotelino, da USC, entre os mellores docentes de España por cuarta vez
03/03/2024 14:31
Sotelino acaba de publicar o libro A educación en Galicia en perspectiva, no que analiza os desafíos do ensino
Acaba de ser finalista dos premios Educa Abanca, que recoñecen os mellores docentes de España

O risco de padecer cancro polo tabaco esténdese unha década tras deixar de fumar
24/02/2024 14:32
Unha investigación recomenda deixar de fumar canto antes para evitar a aparición de tumores
Apunta aos cincuenta anos como data límite para abandonar o tabaco

O 60 % da poboación non sabe como combater o gas radon, segundo un estudo da USC
17/02/2024 21:00

As matemáticas, unha materia fundamental na aprendizaxe
10/02/2024 15:30
Preocupación pola caída do rendemento académico na pandemia

Os estudantes da USC volverán pagar 6,5 euros polos menús nas cafeterías universitarias
02/02/2024 18:38
O prezo aplicarase a partir do luns
Para o resto da comunidade os menús manteranse en 7,5 euros e subirá a 8,5 para o público en xeral

As bacterias resistentes causarán 20.000 mortes en España este ano
26/11/2023 13:09
Representan un gran problema de saúde pública e están relacionadas co abuso de antibióticos
España lidera a redución do uso de antibióticos en veterinaria

A obesidade segue aumentando e afecta ao 15 % da poboación galega
19/11/2023 13:50
A obesidade considérase a gran pandemia do século XXI e a OMS advirte dos seus prexuízos
No mundo morren tres millóns de persoas cada ano por doenzas relacionadas co sobrepeso

O encontro Diabetes Evolution aborda na Coruña as novidades sobre a diabetes tipo 1
11/11/2023 14:56
Cada ano diagnostícanse arredor de 1.500 novos casos en menores de 15 anos
A incidencia da diabetes xuvenil duplicouse nos últimos 20 anos

Un estudo no que participa a USC identifica os xenes que determinan a covid severa
10/09/2023 14:08
O estudo actualiza o mapa xenómico da covid publicado en 2021 polo consorcio internacional Host Genetic Initiative
O grupo da universidade compostelá está coordinado polo catedrático Ángel Carracedo

O Goberno destina 4 millóns a aumentar 53 prazas no grao de Medicina en Santiago
25/07/2023 16:13
O Consello de Ministros aprobou o financiamento para 706 novas prazas de Medicina nas universidades públicas

Pechan matrícula 71 graos en Galicia tras a primeira chamada
11/07/2023 16:50
Matemáticas e Física revalida como nota máis alta cun 13,614 sobre 14
Consulta aquí as notas de todos os graos das universidades galegas

Es estudante? Santiago quere que sexas parte da cidade
21/06/2023 16:59

O reitor da USC cre que o novo Estatuto do Bolseiro podería limitar a oferta de prácticas
12/06/2023 09:35
Antonio López advirte de que o acordo entre o Ministerio de Traballo e os Sindicatos sobre o Estatuto do Bolseiro podería reducir a oferta de prácticas por parte de empresas e administracións
Nunha entrevista na Radio Galega, o reitor compostelán apoia o que considera o obxectivo fundamental da nova regulamentación: evitar posibles abusos deslindando claramente a formación práctica da actividade laboral

Darío Villanueva, distinguido pola USC, onde foi estudante, reitor e catedrático de literatura
09/06/2023 14:17
O ocupante da cadeira coa letra D maiúscula da Real Academia Española foi distinguido pola súa actividade docente

A voz centra as Xornadas de Música Contemporánea
07/06/2023 14:31
Nova edición das Xornadas de Música Contemporánea en Santiago de Compostela
Ópera de peto, teatro musical participativo, música de vangarda e opera electrónica nun programa que inclúe catro estreas
Organizadas polo Auditorio de Galicia, a USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea celébranse ata o 27 de xuño

08/05/2023 14:40
Unha das expulsadas xa fora sancionada noutras dúas ocasións
Aseguran que a estancia nocturna das súas parellas era esporádica
A normativa do SUR establece a prohibición de durmir no colexio maior os non residentes

MyBrain-Seq, un software libre para estudar as enfermidades neuropsiquiátricas
06/05/2023 16:48
Diagnosticar enfermidades mentais usando simplemente os síntomas non é nada doado.
Agora a tecnoloxía pode reverter esta situación da man dun software libre creado por membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e da Universidade de Vigo, que permitirá acurtar o tempo de diagnóstico e mellorar o tratamento dos pacientes.
Este programa axuda a detectar biomarcadores xenéticos nestes pacientes coa axuda da tecnoloxía.

María Loureiro, catedrática da USC, avoga por unha transición enerxética xusta
15/04/2023 14:13
A economista ambiental avoga por unha transición ordenada, xusta e equilibrada
Prevé un auxe das comunidades enerxéticas para aproveitar os recursos alí onde están