Contido coa etiqueta .
Volcán

Entra en erupción un volcán en Hawai, con fontes de lava de ata 80 metros de altura
24/12/2024 13:14
Unha das principais preocupacións é que o gas volcánico poida afectar zonas residenciais próximas

O volcán Kanlaon entra en erupción en Filipinas entre ordes de evacuación
09/12/2024 09:42
A erupción tivo lugar nun contexto de crecente actividade nos últimos meses do Kanlaon, que o pasado setembro obrigou as autoridades filipinas a evacuar unhas trescentas persoas asentadas na ladeira

Polo menos nove mortos na erupción do volcán indonesio de Lewotobi Laki-Laki
04/11/2024 16:31
O volcán está situado na zona oriental da illa de Flores
As autoridades decretaron o nivel máximo de alerta na zona

Dilúese a nube de dióxido de xofre que chegou a Galicia desde un volcán de Islandia
27/08/2024 14:45
As autoridades descartan que se producisen riscos para a saúde

A erupción do Etna intensifícase e a nube de cinzas obriga a desviar voos en Sicilia
11/07/2024 09:17
A magnitude media do tremor volcánico acadou esta madrugada o nivel máis alto
O aeroporto de Catania segue operativo, pero estanse desviando voos á terminal aérea de Palermo

Intensifícase a erupción do Etna con lava e unha columna de fume de cinco quilómetros
07/07/2024 10:34
O Instituto Nacional de Xeofísica e Vulcanoloxía (INGV) segue con atención a súa actividade, con altibaixos nos últimos días
A erupción tamén está a causar un "tremor continuo" e "moi elevado" rexistrado a 2.800 metros sobre o nivel do mar

Filipinas evacúa a poboación das zonas próximas ao volcán Kanlaon tras a súa erupción
04/06/2024 08:17
Uns 60.000 residentes evacuados son instalados de momento en escolas públicas da cidade

Milleiros de evacuados en Islandia por unha nova erupción volcánica
30/05/2024 09:13
As autoridades declararon o estado de emerxencia e mandaron evacuar os 3.800 habitantes da localidade de Grindavik

O volcán indonesio Ruang volve entrar en erupción cunha nube de 5.000 metros
30/04/2024 08:50
As autoridades estiman que entre 11.000 e 12.000 persoas serán evacuadas
.png)
Indonesia activa a alerta por risco de tsunami tras a erupción do volcán Ruang
18/04/2024 09:33
As autoridades pediron á poboación e aos turistas que non entren nun radio de seis quilómetros desde o centro do cráter activo do volcán Ruang e afirmaron que os residentes deben ser conscientes do potencial de erupción de rocas incandescentes
O Aeroporto Internacional Sam Ratulangi en Manado, o principal da provincia de Célebes Setentrional, pechou este xoves "ata novo aviso" tras detectar cinza volcánica a través de observacións de campo, segundo informou a axencia de noticias Antara

Vai expirando a actividade sísmica e volcánica nas fisuras abertas o domingo en Islandia
15/01/2024 18:54
A lava dunha segunda fenda dana tres casas do porto pesqueiro de Grindavík
A vila está totalmente evacuada desde o primeiro momento

Unha erupción volcánica en Islandia obriga a desaloxar 4.000 persoas
14/01/2024 19:41
Permanece desaparecido un home que caeu nunha fenda aberta pola actividade volcánica

20/12/2023 13:41
As fontes de lava superaron os 120 metros de altura e nas últimas horas mantéñense por baixo dos 30

Entra en erupción o volcán de Grindavik, en Islandia
19/12/2023 09:55
As autoridades do país declararon o estado de emerxencia
O fluxo de lava é de entre 100 e 200 metros cúbicos por segundo

Once alpinistas mortos e doce desaparecidos tras a erupción dun volcán en Indonesia
04/12/2023 09:32
O volcán Marapi, situado na illa de Sumatra, estaba en alerta tres dende o venres

A probabilidade de erupción volcánica segue sendo alta en Islandia
16/11/2023 14:07
As autoridades comezan a levantar barreiras de protección contra a lava

13/11/2023 13:50
A alerta laranxa activada polas autoridades islandesas en terra afecta tamén o espazo aéreo

Evacúan unha cidade de Islandia por risco de erupción volcánica
12/11/2023 16:37
Dende a noite do 12 de novembro rexistráronse máis de 1.000 terremotos arredor do dique volcánico
O magma estase propagando lentamente cara arriba, pero non se coñece o lugar dunha posible erupción

O volcán filipino Mayón expulsa unha lingua de lava e aumenta o risco de erupción maior
12/06/2023 07:55
Nivel de alerta 3, sobre un máximo de 5, ante o risco de "erupción perigosa nos próximos días ou semanas"

O volcán Krakatoa expulsa fume e cinza a uns 3.000 metros de altura
09/06/2023 13:11
As autoridades manteñen unha distancia de seguridade de cinco quilómetros

O volcán kilauea, en Hawai, entra en erupción
06/01/2023 18:13
Nas últimas horas o cráter comezou a rebordar de lava e producir unha nube de cinza

O Mauna Loa, o volcán activo máis grande do mundo, entra en erupción
28/11/2022 17:14
Sucede tras case corenta anos de calma

A lava do volcán Stromboli chega ao mar
11/10/2022 08:47
Protección Civil pediu aos habitantes que non saian das súas casas

Visitas ao cono do volcán da Palma
08/04/2022 14:49
As primeiras rutas son para os veciños
Abriranse as visitas ao público o domingo 10 de abril

O presidente de Portugal pídelle calma á poboación que foxe dos Azores
27/03/2022 20:11
Os expertos din que na illa de São Jorge podería haber unha erupción volcánica

A poboación de São Jorge, nos Azores, teme unha erupción volcánica inminente
27/03/2022 13:20
Dende a fin de semana pasada rexistráronse case 13.000 pequenos tremores
O presidente de Portugal viaxa á illa e di que, polo momento, non hai perigo

Progresiva evacuación da Illa de São Jorge, nos Azores, por milleiros de terremotos
26/03/2022 20:42
Aumenta o medo a que haxa unha erupción volcánica, logo de 10.000 tremores en seis días

Ordenan desaloxar 3.000 persoas polo risco de erupción na Illa de São Jorge, nos Azores
25/03/2022 09:55
As autoridades manteñen a alerta 4 de risco por erupción
Ducias de persoas xa abandonaron a illa ante o temor a un tremor destrutivo ou a un volcán

Un tsunami provocado pola erupción dun volcán golpea a illa de Tonga
15/01/2022 08:30
O volcán submarino Hunga-Tonga-Hunga-Ha'apai provocou a onda xigantesca

Sánchez visita a illa da Palma para apoiar a reconstrución
27/12/2021 16:34
Presidiu a reunión co Pevolca e cos profesionais que axudaron na emerxencia volcánica
Lembrou que xa se mobilizaron 138 millóns de euros en axudas

Nunhas horas pode darse por rematada a erupción da Palma
24/12/2021 20:41
Este sábado cúmprense os dez días de inactividade, sen emisión de lava e gases
Os expertos non van dar por rematada a emerxencia e continuarán seguindo a súa evolución

A Palma traballa xa no plan de regreso dos habitantes evacuados
16/12/2021 10:27
O director do Pevolca asegura: "Imos contando as horas e desexando que sexa definitivo"
A erupción considerarase liquidada cando transcorran dez días sen signos de actividade

Elevan a 13 os falecidos pola erupción do volcán "Semeru" en Indonesia con 41 feridos
04/12/2021 16:41
Escenas de pánico e a poboación escapa da zona
Os equipos de emerxencia atoparon vivos unha decena de mineiros atrapados