A investidura de Sánchez, pendente agora do PNV, que segue negociando co PSOE
Seguen negociando con"total discreción", segundo afirman desde a formación de Andoni Ortuzar
.jpg)
O PNV aínda continúa negociando as bases do pacto co PSOE, nuns días de negociación que se manteñen baixo total discreción.
O partido dirixido por Andoni Ortuzar sostivo a fontes de Europa Press que non había acordo polo momento, e que non tiña intención de comunicar nada sobre o tema no día de hoxe. Continuará a discreción total mentres non se dean "novidades relevantes", mais afirma que segue "centrado na negociación".
"Non estiven falando estes días con eles porque non era o meu ámbito de negociación estes días, pero estou seguro de que, se non está cerrado, está a punto", dixo o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, na comparecencia para informar sobre o acordo con Junts.
A formación socialista necesita os cinco votos dos deputados do PNV para lograr a investidura. Así, continúan as negociacións.