Cargando resultados...
Preacordo para poñer fin ao conflito da lousa en Valdeorras
A disputa é entre a empresa Irosa-Samaca e a comunidade de montes de Carballeda

G24.gal
14/11/2023 20:36
O grupo louseiro Irosa-Samaca chegou a un preacordo coa comunidade de montes de Carballeda de Valdeorras coa que mantiña un conflito sobre a propiedade dos terreos.
O acordo permitirá paralizar a orde de desafiuzamento que pesaba sobre a empresa e manter os case 300 postos de traballo que dependen dela.
Os comuneiros levaban anos reclamando o pago de compensacións pola explotación dos terreos. Con este acordo, Irosa-Samaca poderá seguir sacando lousa de Valdeorras polo menos durante os vindeiros 11 anos.