A galega Pilar Cagiao ingresa na Academia Cubana de Historia
A historiadora da USC foi investida como académica correspondente no estranxeiro
Ten unha longa traxectoria como investigadora das relacións entre Galicia e América
Pilar Cagiao Vila é a primeira galega á que se lle concede este recoñecemento da historiografía cubana, pola súa longa traxectoria nos estudos migratorios e na investigación das relacións entre as dúas beiras do Atlántico.
Cagiao é profesora de Historia de América na USC e coordinadora do grupo de investigación Histamérica. Autora de moitas publicacións sobre migracións e sobre as relacións diplomáticas e culturais entre España e América, foi tamén directora do Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega.
O Diario cultural da Radio Galega conversou coa profesora Cagiao horas despois da súa investidura como académica correspondente na Habana.
