Publicador de contidos

Publicador de contidos

As tatuaxes teñen prezos axustados esta fin de semana en Viveiro

As tatuaxes teñen prezos axustados esta fin de semana en Viveiro

Máis de trinta tatuadores ofrecen a súa arte esta fin de semana

G24.gal 11/11/2022 20:51

A cultura da tatuaxe fai que esta fin de semana ducias de persoas se acheguen a Viveiro para poder participar no sexto aniversario dun estudo que organiza un flash day, unha especie de evento en que máis de trinta tatuadores de procedencia nacional e internacional ofrecen os seus deseños únicos sen cita previa.

Para os amantes das tatuaxes é unha oportunidade única, xa que poden elixir artista e deseño sen ter que desprazarse.

Hai infinitos deseños, moitos deles únicos, incluso a man alzada. Para os tatuadores é unha oportunidade para o encontro e o intercambio. Tamén participan no encontro tatuadoras.

O sábado haberá concertos que complementan o Flash Day.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade