Cargando resultados...
'Pensando en ti', da Radio Galega, celebra cos oíntes os seus 28 anos en antena
Os presentadores do espazo Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra reuniron nunha romaría no Carballiño os seus seguidores
Xuntanza 'Pensando en ti' no Carballiño
G24.gal
09/06/2024 22:14
A festa do 'Pensando en ti' arrancaba ás once da mañá deste domingo no Carballiño. Por diante, unha xornada de romaría para poñerlles cara ás voces que cada noite conversan a través da radio.
Os presentadores do programa, Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra levan tamén aquí a batuta e agradecen a fidelidade aos oíntes.
A primeira actuación foi a cantante lucense Verónica Cambón, nun escenario polo que tamén pasaran María do Ceo, Sito Sedes e a orquestra Trebol entre outros...Todo para celebrar 28 anos de emisión na radio publica galega.