Publicador de contidos

Publicador de contidos

Concentración na Coruña polo aniversario do asasinato de Yoel Quispe

Concentración na Coruña polo aniversario do asasinato de Yoel Quispe

Comezou na rúa Sinfónica de Galicia, punto en que perdeu a vida e onde está o altar na súa memoria

Un ano do crime de Yoel: familiares piden respostas e xustiza

G24.gal 24/12/2024 11:24 Última actualización 25/12/2024 20:15

Familiares e achegados de Yoel Quispe, o mozo de 22 anos que foi asasinado na Coruña na Noiteboa do ano pasado, convocaron unha concentración para este mércores con motivo do primeiro aniversario da súa morte.

Baixo o lema 'Xustiza para Yoel', a contorna do rapaz chama a cidadanía a participar nesta acción reivindicativa que comezou contra as 19:00 horas do 25 de decembro na rúa Sinfónica de Galicia, o punto en que perdeu a vida e onde se sitúa o altar na súa memoria.

O mozo foi atacado cando se produciu unha pelexa entre varias persoas na zona, e acabou recibindo varias puñaladas que lle provocaron a morte.

Dende entón, a investigación tratou de esclarecer que ocorreu exactamente esa noite, coa que tres novos coruñeses de entre 18 e 21 anos foron arrestados por suposto homicidio. A un, que permanece en prisión provisional, considérano o autor da puñalada, e os outros dous, posibles cooperadores necesarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade