Os rebeldes entran en Damasco e o presidente sirio Al Asad foxe do país
A ofensiva insurxente declara Siria "libre de Bachar Al Asad"
O presidente fuxiu do país nun avión privado cara un destino descoñecido

En Siria, os rebeldes anunciaron esta madrugada que xa entraron en Damasco, a capital, onde se escoitan disparos e explosións, mentres o presidente Bachar Al Asad abandonou o país cara a un destino descoñecido, segundo o Observatorio Sirio de Dereitos Humanos.
As tropas insurxentes iniciaron unha ofensiva relampo e en apenas once días fixéronse co control de boa parte do territorio. Damasco é o último bastión en caer. Atacado dende tres flancos, esta madrugada as faccións islamitas -herdeiras de Al Qaeda- entraron na cidade, unha das máis antigas do mundo, e declarárona "libre do tirano". Os islamitas confirmaron tamén a toma do cárcere militar de Saydnaya, un dos centros de represión do réxime, e a liberación dos seus prisioneiros.
Milleiros de persoas congréganse nunha céntrica praza da capital para celebrar o avance dos insurxentes e celebrar a fin dos 53 anos da dinastía Asad.
🔴 #URGENTE | La caída de al-Assad: Estallan celebraciones en Damasco, Siria. pic.twitter.com/LiBb60GGGy
— Mundo en Conflicto 🌎 (@MundoEConflicto) December 8, 2024
Los sirios celebran el fin de los 53 años de la dinastía Assad realizando postraciones en agradecimiento a Alá. pic.twitter.com/ctDgncHqFn
— El Corresponsal (@CorresponsalNet) December 8, 2024