Publicador de contidos

Publicador de contidos

As novas autoridades sirias esixen que Israel deixe de atacar o país

As novas autoridades sirias esixen que Israel deixe de atacar o país

Co mundo pendente deles, Siria trata de recuperar toda a normalidade posible

Os ataques de Israel non impiden as celebracións en Damasco e noutras cidades sirias
G24.gal 15/12/2024 14:14 Última actualización 15/12/2024 20:16

A alegría segue sendo visible en Damasco, e noutras cidades sirias, unha semana despois da caída do réxime da familia Al Asad, que someteu o país durante máis de cincuenta anos.

Xente nova bailando sobre símbolos vellos, nun país que trata de recuperar toda a normalidade posible nestas circunstancias.

Porto de Tartús e aeroporto de Damasco

De feito, este domingo reabriron os colexios e universidades sirias. Este luns retomará os seus traballos o esencial porto de Tartús, no Mediterráneo, e o mércores está previsto que volva abrir o aeroporto internacional de Damasco, aínda que nunha primeira fase só haberá voos nacionais.

O Goberno provisional esixe que Israel deixe de atacar

As novas autoridades de Siria, pertencentes á coalición rebelde e islamita que derrotou a Al Asad, esíxenlle á comunidade internacional unha intervención urxente para que Israel suspenda os bombardeos sobre obxectivos militares do réxime deposto.

Os avións e a artillería israelí efectuaron esta fin de semana máis de corenta ataques contra infraestruturas sirias, algunhas delas situadas nos arredores de Damasco.

Tras a caída de Al Asad, Israel tamén despregou o seu exército na zona desmilitarizada con Siria.
Os líderes da revolta triunfante prometéronlle aos kurdos que poderán volver ás zonas dominadas antes por Turquía, para traballar xuntos por un futuro democrático e unificado para Siria.

O novo primeiro ministro interino fixo un chamamento á reconciliación, no medio da alegría duns, o medo doutros e a incerteza internacional sobre a evolución do novo réxime sirio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade