Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo túnel da A-52 busca a solución para unha das vías con máis sinistros de Galicia

O novo túnel da A-52 busca a solución para unha das vías con máis sinistros de Galicia

A construción dun novo trazado, cun túnel incluído, na A-52, permitirá evitar a A-55 por Mos

Mos presentará alegacións ao novo trazado do tunel a A-52 entre Vigo e O Porriño

G24.gal 20/12/2024 14:20 Última actualización 20/12/2024 14:52

O proxecto está un paso máis cerca de ser unha realidade logo de ser publicado polo goberno central co seu trazado e un custe de preto de 400 millóns de euros. O obxectivo é solucionar o problema da alta sinistralidade no tramo da A-55 ao se paso polo concello de Mos.

A solución pasa pola construción dun túnel de dez quilómetros e medio que dará continuidade a A-52 desde O Porriño ata Vigo conectando coa A-55 en Mos creando unha conexión máis directa entre os municipios. O proxecto do Ministerio de Transportes non convence a todos.

Tamén se opón ao proxecto o concello de Mos que denuncia que a obra suporá a destrución de terreos urbanizables e incluso a expropiación de vivendas no municipio.  

Finalizado o prazo de información pública e o estudo de alegacións comezarán as obras da infraestrutura que podería entrar en servizo a partir do ano 2030. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade