Cargando resultados...
A continuidade de Lucas Pérez no Deportivo non está garantida
Ten un ano máis de contrato, pero hai diferenzas entre a directiva e o xogador

G24.gal
15/05/2024 13:25
Última actualización 15/05/2024 13:28
Seguirá Lucas Pérez? Liderará Lucas Pérez o proxecto do ano que vén do Deportivo? O de Monelos marcou o gol do ascenso e foi a estrela en Riazor.
Lucas Pérez aglutina os sentimentos do deportivismo tras regresar en xaneiro de 2023. Pero que continúe no Deportivo non está garantido. Unha cousa é a duración contractual e outra cousa é a vontade do club e do xogador.
Ten un ano máis de contrato, pero hai diferenzas entre a directiva e o xogador