Publicador de contidos

Publicador de contidos

A embaixada dos EUA en Rusia pide aos seus cidadáns que abandonen "de inmediato" o país

A embaixada dos EUA en Rusia pide aos seus cidadáns que abandonen "de inmediato" o país

Os Estados Unidos temen que Rusia se negue a recoñecer a cidadanía con dobre nacionalidade, impedirlles saír do país e que os chamen a filas

A embaixada dos EUA recoñece que as opcións para saír de Rusia xa son agora "extremadamente limitadas".

“As vías terrestres para coches e autobuses seguen abertas”, explican

G24.gal 28/09/2022 13:12

A embaixada dos Estados Unidos en Rusia pediu aos seus cidadáns que abandonen este país "de inmediato", segundo un comunicado publicado na páxina web da legación diplomática.

"Os cidadáns dos Estados Unidos non deben viaxar a Rusia e os que residen ou viaxan (agora) a Rusia deberían saír do país de inmediato mentres existan opcións limitadas de viaxes comerciais", di o comunicado da Embaixada en Rusia.

O comunicado lembra que o 21 de setembro as autoridades rusas declararon unha mobilización militar parcial para reforzar as súas forzas despregadas en Ucraína.

"Rusia podería negarse a recoñecer a cidadanía estadounidense dos cidadáns con dobre nacionalidade, impedirlles o acceso á asistencia consular dos Estados Unidos, prohibir a súa saída de Rusia e chamar aos titulares de pasaportes dobres", indica o comunicado.

Tamén engade que as opcións para saír de Rusia son actualmente "extremadamente limitadas" e moitas veces non están dispoñibles se non reservas con suficiente antelación.

“As vías terrestres para coches e autobuses seguen abertas”, continúa.

Por iso, os estadounidenses que decidan abandonar Rusia deberían facelo "canto antes".

A delegación diplomática advirte de que ten "grandes limitacións" para atender os seus cidadáns, ademais de que as posibilidades de saír do país poden verse "máis reducidas" en calquera momento.

A mobilización declarada en Rusia provocou xa o éxodo dun gran número de homes en idade militar que se negan a loitar en Ucraína e optaron por fuxir do país cara a Turquía, Xeorxia, Armenia, Mongolia, Kazakhstán e Finlandia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade