Cargando resultados...
A empresa Cortizo promoverá unha etapa na Volta a España 2024
Haberá saída e chegada nas suas instalacións en Padrón o 28 de agosto

G24.gal
19/09/2023 16:52
Última actualización 19/09/2023 16:57
Acaba de rematar a Volta a España, que volve a Galicia o ano que vén. En 2024 haberá O Gran Camiño, algunha etapa da Volta a España feminina e varias da Volta a España masculina.
A novidade será unha etapa en liña na empresa Cortizo, en Padrón. Esta empresa, moi vinculada ao ciclismo desde hai décadas, será o punto de partida e final da etapa que se vai disputar o 28 de agosto.
A volta chegará a Galicia na segunda semana de competición e tras o primeiro día de descanso. A carreira comezará o 17 de agosto en Lisboa. Cortizo é quen promove esta etapa.